Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación avanza en novas actuacións de mobilidade segura en Gondomar e...

A Deputación avanza en novas actuacións de mobilidade segura en Gondomar e Salvaterra cun investimento de medio millón de euros

- Anuncio -

O Goberno adxudica as obras de humanización en Peitieiros e Chaín-Morgadáns en Gondomar e aproba a saída a licitación das obras de mellora da mobilidade peonil da EP-4006 no treito antigo do colexio de Leirado en Salvaterra

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un novo investimento de preto de medio millón de euros para desenvolver dúas obras de mellora de infraestruturas baixo os parámetros do modelo de mobilidade amable e sostible da institución provincial nos concellos de Gondomar e Salvaterra. Son actuacións, como destacou a presidenta provincial Carmela Silva, dirixidas a “mellorar a seguridade e mobilidade peonil e rodada” nestes viarios.

No caso de Gondomar, o goberno acaba de adxudicar as obras de humanización da interconexión entre as rúas San Bieito e Emigrante coas estradas provinciais de Peitieiros e Chaín-Morgadáns, por un orzamento de 250.000€. Os traballos contemplan a ampliación e construción de beirarrúas cun ancho xeral de 2,5 metros e a habilitación de novos pasos de cebra elevados, tamén coa redución da velocidade para os vehículos. Incluirase tamén a renovación do alumeado público, recollida de pluviais e residuais e canalizaranse as instalacións de enerxía, alumeado e comunicacións.

Doutra banda, a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación para licitar as obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006 no treito antigo do colexio de Leirado, en Salvaterra, cun orzamento que supera os 214.000 euros. Estes traballos darán resposta, como destacou Carmela Silva, “a unha reclamación histórica da veciñanza de Leirado” e mellorarán a seguridade, amais de habilitar un camiño escolar seguro cara o centro escolar. As obras incluirán a execución dunha senda peonil de 2,5 m de ancho, á que dará continuidade unha beirarrúa de formigón coloreado, e prevese a redución da velocidade do tráfico rodado a 30 quilómetros por hora á altura do CEIP Leirado. Habilitarase un paso sobreelevado para dar acceso ao alumnado do centro de forma segura e tamén se creará unha zona de estacionamento de autobuses segura e ben delimitada á beira do colexio. As obras completaranse coa nova rede de pluviais, amais dunha nova capa de rodadura e novo pavimento, pintado e sinalización horizontal e vertical.

Relacionadas

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Publicacións Relacionadas