A Xunta de Galicia, a través da orde destinada a concellos de Galicia para a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de indendios forestais, cofinanciadas nun 60% pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, ven de conceder unha axuda de 11.590,59 euros sobre un orzamento total de 19.317,65 euros que o Concello de Salvaterra de Miño destinará a adquisicón dun tractor rozadoira destinada o mantemento e limpeza preventiva dos contornos de vías e camiños municipais, axudando ao mantemento das franxas de seguridade no viario e núcleos, incluso podendo axudar na limpeza non arbórea das parcelas e nas diferentes sendas que ten o Concello.
As características deste tractor rozadoira 4×4 fan posible que debido ao seu tamaño e manexo poida entrar en zonas onde un tractor normal non pode acceder, sendo máis eficaz e rápido que o desbroce manual.
Ademáis compraranse dúas rozadoiras eléctricas coas baterías e cargadores correspondentes

