A primeira fin de semana da VIª edición de PeDRa, logrou un gonteo constante de asistentes enchendo todas as súas actividades ata sobrepasar, amplamente, os 600 asistentes.
PeDra é un festival que se celebra en poboacións de menos de 300 habitantes e que ven consolidando un público fiel, que se achega aos espazos rurais da Provincia para poder gozar dunha experiencia diferente.
Pedra’26 continuará esta fin de semana coa súa programación nas aldeas de Viduedo (Cea) e de Puga (Toén), o sábado 12 e domingo 13, respectivamete.
12 DE SETEMBRO | VIDUEDO (Casa do Alén – Cea)
(https://maps.app.goo.gl/
10:00 h – Andaina e visita aos proxectos sociais e culturais da contorna
Iº Premio ao compromiso cultural. [ao rematar a andaina]
14:00 h – Xantar vegano/vexetariano
19:00 h – Concerto de AXEIGO
13 DE SETEMBRO | TOÉN (Carballeira de Puga)
Lugares: Carballeira de Puga (https://maps.app.goo.gl/
10:00 Ruta guiada dende a Carballeira de Puga “Os portos da Ribeira do Miño” – Asoc. Amigos Patrimonio de Toén.
12:00 Obradoiro de cestería – Será por Vimbios.
12:30 Contacontos – Anxo Moure.
13:30 Concerto – Columna Vegana
Esta 6ª ed. está cofinanciada pola Xunta de Galicia dentro do programa O Teu Xacobeo

