O Concello de Sacele (Rumanía) elixe O Porriño como modelo para o desenvolvemento dos seus proxectos de xestión ambiental e espazos verdes

Redacción

Unha delegación do municipio romanés visita O Porriño durante dous días para tomar nota da experiencia local en biodiversidade, conservación de parques e rexeneración urbana.

Os representantes romaneses, inmersos na creación dun novo parque na súa localidade, percorreron, a contorna do río Louro, as lagoas das Gándaras e o Faro de Budiño.

O Concello do Porriño recibiu a unha delegación do Concello de Sacele (municipio situado no distrito de Brașov, Rumanía), que viaxou ata a vila co obxectivo de coñecer de preto o seu modelo de xestión medioambiental e aprender das súas iniciativas en materia de ecoloxía, espazos verdes e biodiversidade.

A delegación romanesa está integrada polo administrador da cidade, Sorin Gadea, e o xefe do Departamento Administrativo, Bogdan Mangale. Dado que o Concello de Sacele se atopa en pleno proceso de construción dun novo parque urbano no seu municipio, os seus responsables amosaron un especial interese en estudar o traballo realizado no Porriño para aplicar estas boas prácticas na súa propia localidade.

Presentación de proxectos e visitas sobre o terreo
Durante a recepción oficial explicaron as súas primeiras impresións, destacando “a limpeza do municipio e o coidado dos espazos comúns”, alavando o uso peonil do centro da vila. Neste senso, o alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou que “O Porriño demostra que é posible ter un forte tecido industrial e, ao mesmo tempo, ser un referente en sustentabilidade e calidade de vida. A clave está no equilibrio: traballamos día a día para protexer e recuperar os nosos espazos naturais, coa recuperación e integración do río Louro ou as lagoas de As Gándaras como grande exemplo”. Aínda que máis grande en habitantes, con 37.000, Sacele ten un orzamento municipal moi similar ao do Porriño e queren implementar melloras na xestión dos espazos.

Así, a delegación participou nun encontro técnico onde a concelleira de Urbanismo, Antía Carrera presentou presentará os principais proxectos ambientais, a xestión de zonas verdes e as actuacións de rexeneración urbana do municipio así como o concelleiro de Medio Ambiente, José Carlos González.

Posteriormente, a delegación realizará un percorrido guiado polo Parque do Cristo, o Parque Pío XII e diversas áreas infantís para comprobar in situ como se organizan os traballos de mantemento, conservación e uso cidadán.No río Louro,analizáronse as claves para integrar os espazos naturais no contorno urbano; e no Camiño Portugués ao seu paso polo Porriño se lles amosou como se vincula o patrimonio natural coa conservación e o turismo sustentable.

Durante a xornada, os representantes romaneses visitaron tamén o espazo natural das lagoas das Gándaras, onde se lles explicaron os traballos de recuperación ambiental, conservación de hábitats e protección da biodiversidade. Pola tarde, o percorrido finalizará na contorna do Faro de Budiño para dar a coñecer as actuacións de valorización da paisaxe e promoción dos recursos naturais, antes do acto de clausura e entrega do recordo institucional.

Comparte este artigo