Home A Coruña Unha vintena de veciños e veciñas maiores de 60 anos participan nas...

Unha vintena de veciños e veciñas maiores de 60 anos participan nas actividades gratuítas de reencontro do Concello de Brión

- Anuncio -

Un total de 21 veciños e veciñas de Brión, todos eles maiores de sesenta anos, participarán todos os xoves de xullo nas actividades de reencontro organizadas polo Concello de Brión. O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, foron os encargados de darlles a benvida no centro social polivalente.

“A nosa intención é que estas xornadas sirvan para que os nosos maiores se volvan encontrar entre eles e cos monitores despois dun ano coas actividades paralizadas pola Covid-19”, explica Rosa Romero, “e que isto serva tamén para ver a posibilidade de reiniciar os obradoiros de memoria, manualidades, ximnasia…. o vindeiro mes de outubro”.

Obradoiros e visitas

Os maiores brioneses participarán en catro xornadas de verán, que terán lugar todos os xoves, en horario de 10:00 a 12:00 horas. As actividades levaranse a cabo coa adopción de todas as medidas sanitarias, entre elas a división dos participantes en pequenos grupos de seis ou sete persoas.

Para este xoves 8 de xullo está previsto a realización dun obradoiro de manualidades. Se o tempo o permite, o xoves 15 farán unha camiñata pola contorna de Pedrouzos, guiados polo técnico de Deportes, José M. Trigo. Para o xoves 22 de xullo queda un obradoiro de elaboración de tartas e, como peche final da iniciativa, o xoves 29 haberá unha visita ao Pazo do Faramello.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas