Mos retoma o programa «Cultiva a Mente» para estimular as capacidades cognitivas das persoas maiores de 55 anos

Redacción

A iniciativa desenvolverase de outubro de 2026 a xuño de 2027 en todas as parroquias do municipio, con actividades de estimulación cognitiva, socialización e fomento das emocións positivas

O Concello de Mos retoma o programa «Cultiva a Mente», dirixido a persoas maiores de 55 anos, que se desenvolverá entre os meses de outubro de 2026 e xuño de 2027 en tódalas parroquias do municipio.

A iniciativa, vinculada a Afaga (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia), ofrece actividades orientadas á estimulación das capacidades cognitivas, así como ao fomento da socialización e das emocións positivas. O programa inclúe tamén consellos relacionados co coidado e o benestar do cerebro.

Nas edicións anteriores, o programa «Cultiva a Mente» contou cunha elevada participación e unha moi boa acollida por parte da veciñanza, chegando a reunir arredor de 165 persoas nas diferentes actividades desenvolvidas no municipio. Esta resposta positiva da cidadanía permitiu dar continuidade á iniciativa e renovar a proposta para o curso 2026-2027.

As actividades desta edición distribuiranse co seguinte calendario:

* Tameiga: luns, de 09:30 a 11:00 horas.

* Torroso: luns, de 11:30 a 13:00 horas.

* Sanguiñeda: luns, de 16:00 a 17:30 horas.

* Louredo: luns, de 18:00 a 19:30 horas.

* Guizán: martes, de 16:00 a 17:45 horas.

* Dornelas: martes, de 18:00 a 19:30 horas.

* Cela: mércores, de 09:30 a 11:00 horas.

* Pereiras: mércores, de 11:30 a 13:00 horas.

* Petelos: xoves, de 09:30 a 11:00 horas e de 11:00 a 12:30 horas.

* Mos: venres, de 16:30 a 18:00 horas.

As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición a través do correo electrónico psico.paulamos@afaga.com ou no teléfono 621 66 57 99.

O programa dá así continuidade ás edicións anteriores de «Cultiva a Mente», mantendo unha proposta baseada no exercicio e a estimulación das capacidades cognitivas, o encontro entre participantes e o fomento das relacións sociais e das emocións positivas.

Comparte este artigo