Novas Xeracións celebra a súa 2ª reunión da Xunta Directiva provincial onde ratifican a celebración do Congreso de NN.XX. de Vigo o vindeiro 3 de outubro

Redacción
  • O Comité Organizador do Congreso (COC) do cónclave local de Novas Xeracións (NNXX) de Vigo, está presidido por Borja Rodríguez Fontán, e no que tamén están integrados Isaías Gil Rodríguez e Aldara Vázquez Rodríguez.
  • Os aspirantes terán ata o vindeiro 22 de setembro como data límite para formalizar as súas propostas, as cales deberán estar apoiadas por un mínimo de 10 avais.

O presidente de Novas Xeracións (NN.XX.) da provincia de Pontevedra, Rául Santamaría, informou que se vén de celebrar a segunda reunión da Xunta Directiva provincial. Neste encontro ratificouse, por unanimidade de todos os membros, a convocatoria e celebración do Congreso Local de NN.XX. de Vigo para o vindeiro sábado 3 de outubro.

O Comité Organizador do Congreso (COC) deste conclave vigués estará presidido por Borja Rodríguez Fontán, e contará coa integración de Isaías Gil Rodríguez e Aldara Vázquez Rodríguez.

Os aspirantes terán ata o vindeiro 22 de setembro como data límite para formalizar as súas propostas, as cales deberán estar apoiadas por un mínimo de 10 avais. Posteriormente, do 23 ao 30 de setembro, abrirase o período de campaña electoral, no que os candidatos poderán explicar os seus proxectos e ideas aos afiliados vigueses. O proceso culminará coa votación e celebración do Congreso Local o sábado 3 de outubro en Vigo.

Próximos pasos e folla de ruta

Ademais da convocatoria de Vigo, Raúl Santamaría explicou que durante a reunión abordáronse os plans de futuro para outros congresos pendentes na provincia, así como a folla de ruta que seguirán as distintas vicesecretarías nos vindeiros meses. O presidente provincial destacou o entusiasmo e o compromiso da organización xuvenil: “A maquinaria xa está en marcha. A xente nova ten moitas ganas de seguir traballando polo futuro da nosa provincia”, destacou Raúl Santamaría.

Comparte este artigo