Está aberto o prazo para a presentación de traballos para o VI Premio ‘SESÉ MATEO’ de XORNALISMO ÉTICO no tratamento da Violencia Machista.
Toda a información e bases completas na web do Concello de Redondela. Agradécese difusión.
VI Premio ‘SESÉ MATEO’ de XORNALISMO ÉTICO
PRAZO DE PRESENTACIÓN ABERTO
Ata o 30 de SETEMBRO
O Concello de Redondela, a través do Servizo de Igualdade, convoca unha nova edición deste galardón xa consolidado a nivel autonómico e estatal. O obxectivo? Premiar o xornalismo RESPONSABLE e con COMPROMISO SOCIAL que fuxe do morbo e protexe a intimidade das vítimas da violencia machista e vicaria.”Non se trata só de informar, senón de facelo con responsabilidade para axudar a combater a violencia”.Información clave para participar:
• Premio: Categoría única dotada con 1.500 euros en metálico.
• Traballos: Pezas publicadas ou emitidas en calquera formato (prensa, radio, TV ou dixital) entre o 1 de setembro de 2025 e o 31 de agosto de 2026.
• Idioma: Admítense traballos tanto en galego como en castelán.
• Prazo: Aberto ata o vindeiro 30 de setembro de 2026.
Como presentarse?
Podes facelo de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello ou de forma telemática a través da nosa sede electrónica.

