Home A Coruña Fene acollerá o sábado no Parque Liñal do Río Cádavo o acto...

Fene acollerá o sábado no Parque Liñal do Río Cádavo o acto institucional do Día da Patria Galega

- Anuncio -

O director da banda Airiños de Fene, Miguel Doval, asina este ano a declaración institucional do 25 de xullo, Día da Patria Galega, no Concello de Fene. E ademais será o encargado de lela no marco dun acto que terá lugar este sábado, 24 de xullo, ás 13.00 horas no Parque Liñal del río Cádavo, a carón do monumento 25 de xullo. Nel intervirán, amais do convidado, o concelleiro de Cultura, Justo Martínez; e o alcalde de Fene, Juventino Trigo. Posteriormente realizarase unha ofrenda floral no monumento ao Día da Patria Galega onde soará o Himno Galego.

O acto institucional do Día da Patria Galega será o colofón, xunto co concerto de Amadeus previsto para esa mesma noite, do ciclo de actividades Xullo, mes da Patria, que organiza a Concellería de Cultura. O programa arrinca este mércores ás 21 horas co concerto da Garufa Blue Devils Big Band con Sito Sedes, na pista municipal de Fonte do Campo, e continuará o xoves á mesma hora na Praza do alcalde Ramón José Souto González co de Sés (ámbolos dous con entradas esgotadas). Neste mesmo escenario, o venres 23 inaugurarase ás 21 horas a exposición cos debuxos realizados polos artistas convidados que participaron na  “Andaina debuxada” do proxecto “Viñetas do Camiño” e, a continuación, actuará
o grupo The Teta´s Van (con entrada libre e de balde até completar o aforo) e haberá un espectáculo pirotécnico.

Miguel Doval
Nace en A Coruña. No ano 1984 ten os seus primeiros contactos coa nosa música tradicional nas agrupacións Orballo (Pontedeume) e Agarimo de Catabois (Ferrol) dirixidas por Manuel García (Lolete). Forma parte doutras agrupacións como Os Estrobos, Grupo Aldraba, Baila na Criba, ademais de ser solista en grupos de baile como Donas e Galáns, Rueiro. Tamén foi solista nas corais Armonía e na do Casino Mugardés.

No ano 1986 é o segundo director da Banda de Gaitas de San Pantaleón das Viñas, no 1987 asume a dirección da Banda de Gaitas Airiños do Eume que dirixirá hasta o ano 1993 no que asume a dirección da Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene na que aínda continua.

No ano 1990 funda o grupo folk Abelendas e no ano 1991 o grupo folk Eiravedra cos que gravou varios Cds.
Á parte da súa formación autodidacta, Miguel Doval ten realizado numerosos cursos de formación, entre os que salientaremos: 2 anos de percusión tradicional con Manuel Ambite na Coruña, curso de perfeccionamento de gaita con Jen-Luc Le Moing en Vigo e con Patrick Molar en Ferrol, cursos de aprendizaxe de construción de palletas e pallóns con Antonio Rodríguez, cursos de guitarra, bouzuki e piano con Carlos Beceiro (La Musgaña) e con Quico Comesaña (Berrogüeto).

Ten recibido distintos premios e galardóns ao longo destes anos entre os que destacaríamos: un 4º e un 1º premio no Certame de Música Folk de Vilagarcía (1992 e 1994), 2º premio con Baila na Criba en Ponteareas 93 e 1º premio no concurso Pelegrín – Xacobeo 93. Xa coa Banda de Gaitas Airiños de Fene obtén o 1º premio no concurso de Bandas de Gaitas de TVG 1996 e o 1º premio no concurso de Bandas de Gaitas de Betanzos 1997. É de destacar a concesión da Gaita de Ouro do Concurso Constantino Bellón 2009 concedida polo Ateneo Ferrolán polo seu traballo a prol de nosa música tradicional.

Realizou diversos traballos de composición musical para teatro (Teatro do Ameneiral), dirixiu distintos espectáculos de música tradicional, arranxos musicais para grupos folk, cursos de gaita, xurado en distintos concursos de gaita….

Moitos foron os festivais e lugares onde Miguel ten actuado cos grupos dos que formaba e forma parte, podendo destacar: Festival Intercéltico de Ortigueira, Festival Internacional de Salamanca, Festival Intercéltico de Lorient, Folk Segovia, Festival de Música Tradicional e Popular (Vilanova i la Geltrú), Certame de Música Folk de Vilagarcía, Festival Intercéltico de Avilés, Irmandiño de Moeche… e actuacións en Madrid, Marsella, Bilbao, Lisboa, Gernika… e en moitos concellos do noso País

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas