- O líder do PP contrapuxo este modelo de contacto directo permanente coa “falta de empatía” do Goberno local do BNG: “Los problemas no se ven encerrado en el despacho, se ven escuchando a los vecinos y en la calle”
- O dirixente popular baseouse en problemas denunciados recentemente como as obras de Ernesto Caballero, o composteiro da Praza de Galicia, o cadro eléctrico da Alameda, a acumulación de lixo en Bora ou os pasos de peóns inaccesibles de Monte Porreiro
O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, quere manter se chega á Alcaldía unha fórmula que coñece ben da súa actividade como médico: o seu compromiso de recibir persoalmente a dez veciños cada semana, nunha especie de “consulta cidadá”, para que os pontevedreses lle poidan trasladar directamente as súas necesidades.
A iniciativa do líder dos populares suporía manter aproximadamente 520 encontros directos con cidadáns ao longo de cada ano do próximo mandato. “Cada semana recibiré personalmente a diez vecinos para que me trasladen sus problemas. Diez vecinos cada semana, sin intermediarios, cara a cara”, explicou Domínguez, que vinculou esta proposta coa súa propia experiencia profesional: “Si algo he aprendido de mi profesión como médico es que no se puede ayudar a nadie sin escucharle primero”.
A proposta parte dunha situación que asegura atopar con frecuencia na rúa, na Deputación ou na súa consulta: “Llamé al Ayuntamiento y nadie del BNG me hizo caso”. Domínguez afirmou que son cada vez máis os veciños que se achegan ao PP para trasladar cuestións que non atoparon resposta no Concello, desde problemas de mantemento do espazo público ata situacións concretas que afectan a particulares, comerciantes, hostaleiros ou veciños das parroquias.
Como exemplos, o portavoz popular citou os problemas denunciados polos residentes da rúa Ernesto Caballero, o composteiro situado xunto a un restaurante da praza de Galicia, o cadro eléctrico instalado na Alameda, a acumulación de lixo en Bora ou os pasos de peóns inaccesibles de Monte Porreiro. Casos diferentes que Domínguez utilizou para argumentar que a xestión municipal debe comezar por preocuparse polo día a día: “la prioridad deben ser los vecinos y cuidar los pequeños detalles”.
Domínguez contrapuxo este modelo de presenza directa coa “falta de empatía” do Goberno local. Parte dos problemas que denunciou teñen que ver coa falta de supervisión e coa distancia entre o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a realidade diaria dos veciños. “Los problemas no se ven desde el despacho de la Alcaldía, se ven desde la calle, supervisando las obras y atendiendo las quejas vecinales”, afirmou.
Nese sentido, a proposta das dez citas semanais pretende converterse nunha vía estable de contacto directo coa cidadanía. Domínguez asegurou que non se trataría simplemente de recibir queixas, senón de coñecer cada caso, tomar nota e comprobar posteriormente que se fai con el. “Escuchar es el primer paso, pero no basta: cada vecino que venga merecerá un seguimiento para saber qué se va a hacer con su problema y cuándo”, afirmou.
O dirixente do PP asegurou que esa forma de entender a Alcaldía implicaría estar tamén nas parroquias e manter presenza na rúa durante todo o mandato, non só durante os períodos electorais. “Quiero ser un alcalde cercano. Quiero ser un alcalde que esté en la calle todos los días. Pontevedra no necesita un gobierno que le diga a la gente lo bien que está todo. Necesita un gobierno que pregunte a la gente cómo está y que, cuando la respuesta no es satisfactoria, se remangue y se ponga a trabajar. Ese es mi compromiso”, concluíu.

