Home Ourense A reposición do firme en Xoán XXIII obriga a reordenar o tráfico...

A reposición do firme en Xoán XXIII obriga a reordenar o tráfico no centro da cidade os vindeiros tres días

- Anuncio -

As obras iniciaranse á noitiña do martes e desenvolveranse en horario nocturno até o xoves

Os autobuses urbanos poderán seguir utilizando esta céntrica vía, pero os usuarios de vehículos particulares deberán empregar percorridos alternativos, debidamente sinalizados

Hoxe luns rematarán os traballos de mellora no tramo de baixada da rúa Xesús Pousa, restablecéndose a normalidade do tráfico; á noitiña, comezarán as obras na rúa dos Arrieiros

Os traballos de mellora do firme na rúa de Xoán XXIII, que comezarán este martes á noitiña, obrigarán a reordenar o tráfico rodado no centro da cidade de Ourense durante os vindeiros tres días.

Nos tramos afectados permitirase unicamente o paso de persoas residentes e de autobuses urbanos:

Rúa Progreso en dirección centro cidade desde o Xardín do Posío: os vehículos deberán desviarse pola rúa Tras Alameda.

Rúa Progreso en dirección centro cidade desde o pavillón dos Remedios: os vehículos deberán desviarse pola rúa Ervedelo

Avenida da Habana en sentido baixada: non se poderá xirar á esquerda, rodeando a Torre, e a circulación deberá seguir pola Avenida da Habana.

Rúa Concello: non se permitirá xirar á dereita para acceder a Xoán XXIII, debendo o tráfico seguir cara ao parque de San Lázaro.

Rúas peonís con acceso a Progreso -Cruz Vermella, Alejandro Outeiriño…-, sempre dirección obrigatoria cara á esquerda

Os traballos executaranse a partir das 20:30 horas até as 5 ou 6 h da madrugada, polo que desde o Concello prégase paciencia polas molestias.

Rúas Xesús Pousa e dos Arrieiros

Por outra banda, na noite de hoxe, luns, rematarán os traballos de mellora no tramo de baixada de Xesús Pousa, no barrio da Ponte, restablecéndose a normalidade do tráfico. Ademais, comezará unha actuación de mellora na rúa dos Arrieiros, polo que será necesario pechar a rúa ao tráfico na intersección desta rúa con Serra Martiñá.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas