Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Avanzan a bo ritmo as obras de apertura do Camiño do Quinteiriño,...

Avanzan a bo ritmo as obras de apertura do Camiño do Quinteiriño, no lugar de Vila de Arriba, cun investimento do Concello de Cerdedo-Cotobade de 46.000 €uros

- Anuncio -

• O alcalde Jorge Cubela agradeceu a colaboración veciñal que permitiu a cesión dos terreos necesarios para abrir un vial de 4 metros de ancho e cunha lonxitude total próxima aos 400 metros

Avanzan a moi bo ritmo as obras do ensanche do Camiño do Quinteiriño, no lugar de Vila de Arriba, na parroquia de Santa María de Sacos, no que o Concello de Cerdedo-Cotobade investirá uns 46.000 euros e que permitirá ampliar o vial entre 4 e 4,5 metros, sobre un trazado duns 400 metros de lonxitudes, grazas á cesión de terreos feita por parte dos veciños.

Os traballos está previsto que rematen ao longo deste mes de agosto e os operarios encargados de levar a cabo a obra xa teñen realizado o retranqueo de muro, a apertura do acceso e os movementos de terra necesarios para facilitar unha maior accesibilidade a vehículos de emerxencias e ambulancias a un núcleo habitado dunhas 70 vivendas unifamiliares que ata o momento tiña moi restrinxido o paso a este tipo de dotacións de intervención e auxilio.

Esta mellora do camiño, que contan co informe favorable de Patrimonio e están sendo acompañados pola colocación de novas canalizacións e tubaxes pertencentes ao servizo municipal de abastecemento de auga e rede de sumidoiros.

Os veciños teñen manifestado a súa satisfacción polo resultado dos traballos realizados non so pola mellora na accesibilidade senón tamén pola nova imaxe que ofrece este camiño xa que conta cuns muros de pedra de mampostería que axudan a lograr unha posta en valor do espazo tamén desde un punto de vista visual e de humanización deste vial.

Esta actuación enmárcase dentro dos investimentos que nos últimos tempos está acometendo o Concello nos núcleos rurais non so para mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade senón tamén para lograr unha mellor vertebración e comunicación interior dos núcleos de poboación para favorecer ademais a fixación de poboación coa mellora de servizos.

O alcalde, Jorge Cubela, salientou a importancia da colaboración veciñal para levar a cabo este tipo de obras que contan coa cesión de terreos necesaria para lograr unha amplitude do camiño de entre 4 e 4,5 metros o que facilita moito que se poida levar a cabo este tipo de actuacións.

“Grazas á xenerosidade dos veciños imos poder ampliar 4 metros o camiño e favorecer que unhas 70 casas poidan ter un acceso rodado axeitado para que poidan chegar ata elas os vehículos de emerxencias e mesmo unha ambulancia que antes tiñan moi dificultado o seu paso.

Ademais, cos novos muros de mampostería, rehabilítase a imaxe dun entorno rural que está sendo motivo de satisfación polos propios veciños”, indicou o alcalde Jorge Cubela.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas