Por vez primeira na Historia do Consistorio reúnese neste único contrato a totalidade dos edificios municipais, incorporándose ademáis os novos (como a biblioteca e os cines) e engadindo o exterminio de plagas
“Facilitará a xestión, mellorando consecuentemente a calidade global do servizo e o seu custe”, destaca o alcalde, Juan González
O goberno de Nigrán aprobou no pleno ordinario desta mañá a adxudicación do contrato de limpeza de edificios municipais a ‘Samaín Servizos a Comunidade’. Tratase dunha licitación por valor de 3,1 millóns de euros cunha duración de 4 anos prorrogables a 5 e, ao superar esta contía o 10% dos recursos ordinarios do orzamento do Concello, era necesario aprobar a súa adxudicacion final no Pleno, onde obtivo luz verde co voto favorable do BNG e a abstención do PP. O fito principal é que por vez primeira na Historia do Concello se reúne nun único contrato a limpeza e exteriminio de pragas de todos os edificios municipais (consistorio, pavillón, colexios, centro antena, CIM, Galiña Azul, Escola de Música, Centro da Terceira Idade, Xulgado de Paz, Praza de Abastos…) e se incorporan os máis recentes (biblioteca municipal ou cines da Ramallosa). Ademais, inclúe servizos especiais como limpeza de viros ou pulido das pistas deportivas, mantemento do WC das praias ou dos cemiterios públicos (Parada e Ceán).
“Ao fin se reúne nun único contrato todo o asunto da limpeza, o que facilitará a xestión, mellorando consecuentemente a calidade global do servizo e o seu custe”, destaca o alcalde, Juan González, quen incide en que se presentaron 9 ofertas nas que, ademáis da oferta económica, puntuou a calidade técnica da proposta. “De feito, a gañadora fixo un 13,4 % de rebaixa sobre o orzamento base, non foi o maior descontó de todos, pero gañou polo criterio cualitativo”, explica.
Este é o cuarto gran contrato tramitado polo goberno socialista de Nigrán neste mandato e que, polo tanto, tivo que aprobarse en Pleno. Anteriormente foron o da recollida de lixo por case 30 millóns a dez anos, o do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) por 1,5 millóns anuais e o de mantemento de xardíns, por 734.375 euros a dous anos.

