Hoxe ás 19.00h, o Museo Municipal Manuel Torres acollér a inauguración da exposición anual “Elvira Otero” da asociación Céltica Arte e Cultura, que este ano leva por título “Humanismo e razón”, e que se poderá visitar ata o 25 de outubro. Poderán verse cerca de 60 pezas ao óleo en diferentes técnicas, centradas na temática relativa ao poder da razón dos seres humanos a través do tempo.
Tal e como explican desde a asociación, este ano, as mulleres artistas homenaxeadas serán Laura Piedras Álvarez, Elba Gómez Piñeiro e Aldara González Fontenla. Tamén haberá un collage fotográfico recordando a figura da mestra e artista de pintura Marián Fariña Sueiro, que tristemente faleceu a inicios deste ano.
Todos os traballos expostos foron realizados no obradoiro da profesora da asociación, Patricia Otero.

