- A caravana itinerante de curtametraxes visitará Baiona o domingo, 18 de outubro, cunha programación adaptada aos máis pequenos
Os nenos e nenas de Baiona desfrutará o vindeiro domingo, 18 de outubro, na rúa Carabela Pinta dunha mañá dedicada ao cine coa chegada do Festivaliño On The Road, unha iniciativa itinerante que busca achegar a cultura audiovisual aos máis pequenos a través dunha selección de curtametraxes adaptadas ás súas idades.
A actividade, impulsada polo Concello de Baiona, desenvolverase entre as 11.00 e as 14.00 horas e permitirá que os escolares participen por quendas nunha experiencia cinematográfica pensada para combinar o entretemento coa aprendizaxe. A través das diferentes proxeccións, os nenos e nenas poderán descubrir novas historias e achegarse ao mundo do cine dun xeito lúdico e educativo.
O Festivaliño On The Road é unha caravana itinerante que leva o cine infantil a diferentes localidades, co propósito de facilitar o acceso á cultura audiovisual desde as primeiras etapas educativas e estimular a imaxinación e a creatividade dos máis novos.

