O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá unha representación da asociación de veciños Laxas, da localidade das Curuxeiras, integrada polo seu presidente, José Manuel García Casares, e o directivo Manuel Rodríguez, quen lle trasladaron as principais demandas da súa zona: a execución dun proxecto para dotar de beirarrúas a rúa A Laxa e outro para acondicionar unha pista deportiva na Bombarreira.
O alcalde comunicoulles a súa vontade de analizar estas demandas e coñecelas in situ realizando unha visita ás Curuxeiras coa asociación o próximo martes.



