Baiona avanza no proxecto de construción da nova residencia de maiores da Xunta

Redacción

O equipo de goberno do Concello de Baiona aprobou por maioría con abstencións de representantes do PSOE e o BNG a posta ao dispor dunha parcela clasificada como chan urbano e dentro dun sistema de equipamentos de titularidade municipal situada nas Escubichas (API 1), parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no termo municipal de Baiona, para a construción da nova residencia de maiores prevista no municipio.

En concreto, procedeuse a aprobar o cambio de uso, de equipamento de uso educativo a equipamento de uso asistencial no Pleno municipal de hoxe, 21 de Outubro do 2026.

A parcela conta cunha superficie aproximada de 3.345 m² e dispón de fronte directa a Rúa Puente Romano e Rúa Erizana, o que permite expor diferentes solucións para os accesos e saídas.

O Concello de Baiona agradece á Xunta de Galicia que estea a impulsar un proxecto para a creación de novas dotacións residenciais destinadas á atención das persoas maiores, co obxectivo de incrementar a oferta de prazas residenciais, reforzar a rede de servizos sociais e garantir o arraigamento das persoas maiores nos seus concellos de residencia.

Comparte este artigo