O Movemento Cidadán de Vigo pola Igualdade celebra o I Foro «Igualdade fronte á violencia»

Redacción

O encontro terá lugar o luns 23 de novembro, de 18.30 a 21.00, no Salón Rosalía de Castro de la sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.

Con motivo do 25N, a Asociación Movemento Cidadán de Vigo pola Igualdade organiza o I Foro «Igualdade fronte á violencia», un encontro aberto á cidadanía e a profesionais para reflexionar sobre a prevención da violencia e a defensa da igualdade desde tres perspectivas: a comunicación, o dereito e a arte.

A xornada comezará a las 18.30 coa recepción de asistentes. A las 18.45 terá lugar a benvida institucional, coa participación de María José Míguez, presidenta da Asociación; Paula Uría, directora xeral de Promoción de Igualdade #da Xunta de Galicia; Roberto Barba, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero #da Xunta de Galicia, e Luisa Sánchez, vicepresidenta de la Deputación de Pontevedra en Vigo.

A continuación celebraranse tres mesas redondas:

19.15 | Mesa de comunicación: «Comunicar para previr: medios, redes e igualdade». Abordará o tratamento informativo, a responsabilidade dos medios e a resposta ao odio na contorna dixital. Participarán Marci Varela, de Radio Vigo-Cadena Ser, e Lara Graña, de Faro de Vigo. Modera Marian García Míguez.

19.45 | Mesa xurídica: «Dereitos que protexen: respostas e retos fronte á violencia». Tratará o marco legal, as medidas de protección e os retos da atención xurídica e xudicial. Participarán Sara Rodríguez Vila e Guillermo Iruegas. Modera Manuel Guisado González.

20.15 | Mesa artística: «Crear para transformar: a arte fronte á violencia». Explorará a arte como expresión, denuncia e ferramenta de sensibilización. Participarán Beny Fernández, de Espazo Benny, e Rosa Elvira Caamaño. Modera Arancha Mañas Álvarez.

O foro concluirá a las 20.45 coa despedida e os agradecementos, a cargo de María José Míguez.

A iniciativa, financiada coa colaboración #da Xunta de Galicia e la Deputación de Pontevedra, busca ofrecer recursos de sensibilización e contribuír a unha sociedade xusta, inclusiva e libre de violencia.

Comparte este artigo