O concello de Nigrán abre o luns o prazo de inscrición para o campamento de Nadal

Redacción

Está dirixido a crianzas entre os 3 e 11 anos empadroadas en Nigrán e terá lugar do 22 de decembro ao 5 de xaneiro no CEIP Humberto Juanes

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o ‘Campamento de Nadal 2026’ co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Destinado a nenos e nenas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 11 anos, desenvolverase dende o día 22 de decembro ata o día 5 de xaneiro, de luns a venres. Ofértanse 60 prazas.

O período de inscrición comeza o día 23 de novembro e finaliza o día 30 de novembro. O campamento terá lugar no C.E.P.I. Humberto Juanes. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse en “nigran.sedelectronica.gal/taboleiro de anuncios”.

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.

Comparte este artigo