A Xunta salienta a contribución de “Mercamos no Nadal” a dinamización do comercio local

Redacción

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe o evento MercaMos no Nadal 2026, que reúne a 25 comerciantes de Mos. Alí puxo de relevo a importancia deste tipo de iniciativas para dinamizar e dar visibilidade ao comercio local na liña dos obxectivos marcados polo Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.

En concreto, ademais de postos comerciais hai postos de comida e obradoiros infantís así como actuacións musicais.

Así, esta cita, ademais de contribuír a impulsar as vendas dos negocios locais, fomenta a atracción de visitantes ao municipio potenciando sinerxías a prol da dinamización do territorio.

Comparte este artigo