Home Pontevedra Barro A programación cultural e deportiva da Deputación chega esta fin de semana...

A programación cultural e deportiva da Deputación chega esta fin de semana a Cambados, Meis, Ribadumia, Pontevedra, Barro e Meaño

- Anuncio -

Teatro, arquitectura, literatura e natureza serán as grandes protagonistas das propostas de lecer que se desenvolverán nos espazos públicos destes concellos

A Deputación de Pontevedra dá inicio este sábado a unha fin de semana na que teatro, arquitectura, literatura e natureza encherán os concellos de Cambados, Meis, Ribadumia, Pontevedra, Barro e Meaño dunha variada proposta de lecer. Do 9 ao 10 de outubro, os espazos públicos destes municipios acollerán actividades enmarcadas nos programas provinciais “Roteiros Literarios”, “Rutas de Arquitectura” e “Depo Orienta”, que celebran a súa última cita de 2021, e de “Tornar as Táboas”, cuxas funcións se estenderán ata o 19 de decembro.

A última das “Rutas de Arquitectura” terá lugar este sábado 9, ás 10.00 horas, e arrancará no Mosteiro de A Armenteira, en Meis, para ofrecer a continuación un interesante itinerario que pasará tamén pola igrexa de Santa María Dozo e polo pazo de Quinteiro da Cruz, percorrendo tamén os concellos de Cambados e Ribadumia. Pola súa banda, os “Roteiros Literarios” pechan a súa edición 2021 o domingo 10, ás 11.30 horas, coa “Vida cultural, política e social na Pontevedra de Todo canto fomos”. Celebrarase en Pontevedra, e seguirá os escenarios da novela Todo canto fomos, para coñecer as localizacións dos principais cafés dos anos vinte e trinta, berce de importantes iniciativas culturais e políticas; algúns edificios relacionados co ámbito da docencia desa época; a situación das imprentas nas que se publicaban os xornais e obras literarias da época; así como os lugares relacionados coa fundación do Partido Galeguista.

O teatro será outro dos grandes protagonistas do domingo, que contará con dúas novas funcións no marco de “Tornar as Táboas”, a última declaración de ánimo e vontade da Deputación para que o teatro retome a súa actividade nos escenarios de auditorios e centros culturais da provincia. Ás 12.00 horas, terá lugar no Pazo da Crega (Barro), Circanelo, a cargo de N+1 Teatro, Circo e Danza. Pola tarde, ás 19.00 horas, o salón de actos de Pazos de Borbén albergará Camiño de Historias, de Migallas Teatro. Finalmente, no ámbito do deporte, o programa “Depo Orienta”, que ten como obxectivo que os seus/as participantes realicen no menor tempo posible e a contra reloxo un percorrido marcado no terreo coa única axuda dun mapa, ofrece a súa última ruta do ano na desembocadura do Río Umia, en Cambados.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas