Home A Coruña A alcaldesa e o presidente da AEF instan ao Goberno central e...

A alcaldesa e o presidente da AEF instan ao Goberno central e á Xunta a incluír a Narón no protocolo de Transición Xusta de As Pontes

- Anuncio -

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF), Ángel José Torreiro, asinaron esta mañá tres cartas dirixidas ao Goberno central, a Xunta de Galicia e a Federación Española de Municipios e Provincias instando ás administracións a que inclúan a Narón no protocolo de Transición Xusta de As Pontes. No acto da sinatura estivo tamén presente o edil de Promoción Económica de Narón, David Pita.

A rexedora local recordou que o pasado mes de novembro o Concello aprobou no pleno unha moción na que se se solicitaba a inclusión de Narón no ámbito xeográfico do convenio de Transición xusta de As Pontes, que lamentablemente, indicou, non foi atendida. “Para sorpresa do Concello e do propio tecido empresarial desta cidade, tanto o Goberno central como a Xunta continúan desoíndo a nosa petición, que non é outra que que se inclúa a Narón no Plan de acción urxente para comarcas do carbón e centrais en peche 2019-2021, como municipio afectado polo peche da térmica pontesa”, recalcou.

No escrito alúdese á traxectoria empresarial de Narón e ás graves consecuencias que suporá quedar fóra do citado plan. Ante a actual situación, dende o Concello e a AEF advirten sobre “o impacto dos peches sobre as empresas asentadas na cidade, que será considerablemente superior ao doutros concellos que forman parte dese plan de actuación urxente, atendendo a que Narón é actualmente o motor industrial da comarca e nesta localidade teñen as súas instalacións varias empresas que traballan como subcontratas ou subministradoras de materiais e/ou servizos para a térmica pontesa”. O peche da central, tal e como denunciaron Ferreiro e Torreiro, “suporá previsiblemente o despido de persoal das compañías asentadas en Narón ante a falta de carga de traballo procedente das citadas instalacións”.
A alcaldesa e o presidente de AEF incidiron na “situación de desamparo na que se atopa actualmente o concello de Narón e o sector empresarial asentado na cidade, ao non poder optar ás liñas de axudas que se establecerán para paliar os graves efectos do peche da térmica”.

Dende o Concello e a Asociación de Empresarios Ferrolterra insisten en que “non pedimos máis que un trato igualitario, que atenda á situación do noso concello e do tecido empresarial da cidade, para poder ter as mesmas alternativas de futuro que o resto de localidades afectadas polo peche da central e poder acceder ás axudas que se establezan para impulsar novos proxectos na zona”.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas