Home A Coruña A Coruña celebra o Día dos Museos con actividades e visitas gratuítas...

A Coruña celebra o Día dos Museos con actividades e visitas gratuítas nos recintos museísticos da cidade

- Anuncio -

Os Museos Científicos da Coruña farán unha xornada de portas abertas o 18 de maio, con reserva previa na web www.casaciencias.org

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o vindeiro 21 de maio, o Concello da Coruña ofertará diversas actividades gratuítas para conmemorar a data.

No Museo Arqueolóxico e Histórico, situado no Castelo de Santo Antón, realizaranse dúas visitas guiadas en horario de mañá (12.00 h) e tarde (18.00 h), orientadas ao público adulto e cunha duración aproximada de 90 minutos. Para cada unha das quendas están dispoñibles 25 prazas, que se poden reservar facendo unha inscrición previa no teléfono 981 189 850.

Ademais, o Museo Arqueolóxico tamén contará varias actividades divulgativas. Para os máis pequenos e pequenas, de 6 a 12 anos, haberá dous obradoiros de arqueoloxía infantís: “Xogando na antiga Roma”, ás 11.45h; e “A arte das pedras”, ás 17.00 h. A duración aproximada é de 90 minutos. Os adultos tamén poderán gozar dun obradoiro de arqueoloxía baixo o título “Pinceladas históricas”, que terá lugar ás 19.00 h no Castelo de Santo Antón e cunha duración similar. O número de prazas dispoñibles nos obradoiros é de 20 para cada un e cómpre reservar previamente no teléfono 981 189 850.

Para rematar a xornada, a Orquestra Gaos deleitará ao público cun concerto ás 22.00 h. A entrada será de balde ata completar capacidade, por orde de chegada.

Casas Museo
As Casas Museo da cidade tamén acollerán actividades especiais, en conmemoración do Día dos Museos. Entre elas está a organización de varias visitas guiadas gratuítas cada 30 minutos, en horario de 17.30 h ata as 20.00 h, en cada unha delas.

Na Casa Museo Casares Quiroga, o Orfeón Herculino fará un concerto de balde ás 20.30 h, para poñer banda sonora ao Día dos Museos nas estancias da familia Casares. Na Casa Museo María Pita haberá un obradoiro de instrumentos musicais cada 20 minutos, en horario de 18.00 h a 19.00 h con 10 prazas por quenda. Na Casa Museo Casares Picasso farase outro obradoiro, neste caso de chapas, que será cada 15 minutos con 15 prazas por quenda.

Todas as actividades están abertas ao público, con entrada de balde e previa inscrición a través no enderezo de correo electrónico diamuseoscasascoruna@gmail.com.

Museos Científicos
En conmemoración do Día dos Museos, a rede de Museos Científicos da Coruña fará unha xornada de portas abertas o vindeiro 18 de maio nas súas tres instalacións: Casa das Ciencias, DOMUS e Aquarium Finisterrae. Para acceder cómpre facer unha reserva previa a través da web www.casaciencias.org para cada un dos museos, para poder asegurar a dispoñibilidade.

O Aquarium Finisterrae ofertará, ademais, outro concerto que se suma ao da Orquestra Gaos, no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña; e ao do Orfeón Herculino, na Casa Museo Casares Quiroga. A cita musical correrá a cargo da plataforma musical Sofar Sounds, que realiza concertos en localizacións alternativas ás comúns dun evento musical e que escolleu o Aquarium Finisterrae para realizar un concerto sorpresa ás 12.30 h.

Quiosco Alfonso
Poderanse visitar tamén, o vindeiro 21 de maio, as instalacións do Quiosco Alfonso, para coñecer de primeira man a exposición “María Casares. Actriz Océano” que deu inicio o pasado xoves 12 de maio, co gallo da celebración do Ano Internacional María Casares.

Ademais, para seguir coñecendo a historia da actriz, realizaranse dous obradoiros familiares baixo o título “Decubrindo a María Casares”, ás 12.00 h na quenda de mañá e ás 18.00 h pola tarde. A duración aproximada da actividade é dunha hora e a entrada é de balde, facendo previa reserva a través do correo e.ferro@coruna.gal.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas