Home A Coruña A Xunta activa pra hoxe unha alerta laranxa por temporal costeiro nas...

A Xunta activa pra hoxe unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e de Lugo

- Anuncio -
  • Agárdase mar combinada de 5 a 6 metros ao norte de Vilán na Coruña e en torno a Bares en Lugo
  • Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia segunda da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro para hoxe no litoral das provincias da Coruña e de Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir deste mediodía dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa con ondas de 5 a 6 metros. Afectaralle ao noroeste do litoral da Coruña, ao norte de Vilán, e no caso do de Lugo, en torno a Bares.

Ademais, no oeste e suroeste do litoral coruñés producirase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo. Comezará ao mediodía de hoxe, por mar combinada de 4 a 5 metros e temporalmente ventos do noroeste de forza 7.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

Publicacións Relacionadas