Home A Coruña A Xunta inviste máis de 178.000 euros en apoiar a contratación de...

A Xunta inviste máis de 178.000 euros en apoiar a contratación de 55 socorristas en 9 concellos da Comarca do Barbanza

- Anuncio -

― A Consellería de Emprego e Igualdade apoia ás entidades locais na contratación de servizos de interese xeral e social, competencia municipal, como é o caso da vixilancia de praias, piscinas ou espazos fluviais

― Invístese 1,5M€ para apoiar en 185 concellos galegos a contratación de case 500 persoas desempregadas para este fin


A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas destinadas aos concellos galegos para apoiar a contratación de servizos de interese xeral, que sexan competencia municipal. No caso da comarca do Barbanza, a Consellería de Emprego e Igualdade financiará a contratación de 55 socorristas en 9 concellos cun investimento de 178.000 euros.

Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Muros, María Inés Monteagudo, destacou, nunha visita á praia do Concello, que “estes programas teñen como obxectivo dar cobertura aos concellos para que poidan prestar servizos de forma máis eficaz e ao mesmo tempo apostan por un sistema de colaboración coas entidades locais encargadas da selección deste persoal”.

En global, en toda Galicia, a Xunta inviste este ano 1,5 millóns de euros para axudar a 163 concellos e unha mancomunidade a sufragar os costes da contratación de 464 socorristas en praias, piscinas e espazos fluviais.

Un dos requisitos principais desta iniciativa é que as persoas que se contraten sexan desempregadas co obxectivo de seguir impulsando o emprego local na comunidade galega co obxectivo de proporcionarlles experiencia e práctica profesional que permita a súa inserción laboral.

Esta medida ten como obxectivo, polo tanto, mellorar a empregabilidade das persoas participantes co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego. Enmárcanse na prioridade da Xunta de crear máis e mellor emprego de calidade na Comunidade e completan outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos. É o caso dos obradoiros de emprego, no que se invisten en toda Galicia 30,2M€ para permitir a formación e o acceso ao emprego de 1.500 persoas; as axudas para a contratación de orientadores laborais, ás que se destinan 6,8M€ para a contratación de 280 persoas ou os Programas Integrados de Emprego, cun orzamento de 8,4M€ para apoiar a contratación de 3.300 persoas en concellos e entidades sen ánimo de lucro.

Así mesmo, destacan as axudas destinadas á contratación de 700 persoas perceptoras da Risga, que contan cun orzamento de 7,7 millóns de euros en toda Galicia para dar apoio a 165 concellos ou agrupacións de municipios.

O delegado da Xunta recalcou que estes programas son unha mostra máis de que a Xunta está a facer un importante esforzo para crear emprego na provincia e neste caso o fai a través dun traballo conxunto cos concellos, o que implica un triplo beneficio: o aforro para as facendas locais; a garantía de que as ocupacións solicitadas responden ás necesidades reais dos municipios que, como administracións máis próximas, coñecen as necesidades máis urxentes; e o impulso á creación de emprego no eido local.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

Publicacións Relacionadas