Home A Coruña A XV Festa da Merenda de Aiazo (Frades) repartirá de balde máis...

A XV Festa da Merenda de Aiazo (Frades) repartirá de balde máis de 1.700 tortillas de masa este domingo 10 de abril

- Anuncio -

A degustación comezará ás 12:00 horas e pola tarde haberá verbena coa orquestra París de Noia e Tania Veiras

A área recreativa Os Pasos, na parroquia de Aiazo (Frades), acollerá este domingo 10 de abril a edición número quince da Festa da Merenda, que organiza a asociación de veciños “Os Pasos” en colaboración co Concello de Frades. Unha festa que dará comezo ás 12:00 horas, coa degustación gratuíta das merendas elaboradas baixou unha carpa pechada e que rematará ben entrada a noite coa verbena a cargo da orquestra París de Noia e Tania Veiras.

Unhas 25 cociñeiras comezarán a preparar as tortillas de masa a partir do mediodía, que se poderán degustar gratuitamente na carpa ou comprar para levar en caixas de pizza (unha por 3 euros, dúas por 5 euros). A base das merendas é común para todas (ovos, auga e fariña), pero despois cada cociñeira daralle o seu toque persoal tanto polo grosor da tortilla, o seu tempo de cociñado ou por se as acompaña ou non de torriscos (láminas de touciño de porco).

Juan Carlos Portos Bra, membro da asociación de veciños “Os Pasos” e concelleiro de Cultura, explica que “está todo xa ben preparado. Deixou de chover e agardamos que non o volva a facer ata despois da festa”, o cal é moi importante xa que o costume da festa é que familias e grupos de amigos acampen na área recreativa para pasar todo o día, se o tempo acompaña.

“Temos reservas non só de xente da comarca, senón tamén de lugares como Val do Dubra ou Mazaricos”, apunta Juan Carlos Portos, quen calcula que “durante toda a xornada degustaranse unhas 1.700 tortillas de masa”. Para iso adianta que xa teñen compilados 150 quilos de fariña, máis dun cento de ducias de ovos e 90 quilos de touciño. “Despois haberá tamén servizo de polbeira e churrasco na carpa da festa, pero de pago”, adianta Portos Bra.

Evitar concentracións

A única diferenza con respecto a edicións anteriores é que se tratará de evitar as habituais concentracións de persoas á hora de recoller e consumir de balde as tortillas de masa. Durante a mañá amenizarán a festa a Charanga BB+ e o grupo ordense Faíscas da Pontraga. A organización facilitará varias zonas de aparcamento na contorna do campo da festa. De feito, o acceso de automóbiles á área recreativa só estará permitido ata as 12:00 horas, para carga e descarga. Así mesmo, estará prohibido entrar no recinto do campo da festa con bebidas. A partir das 18:30 horas comezará a verbena a cargo da orquestra París de Noia e o grupo Tania Veiras.

A Festa da Merenda naceu hai dezasete anos para lembrar estas tortillas de masa, que foron moi utilizadas na comarca de Ordes en tempos de necesidade. Unha iniciativa que buscaba lembrar ás novas xeracións a importancia que este alimento tivo noutros tempos pero que agora xa se converteu nunha das citas gastronómicas máis agardada da comarca. Comezou sendo unha festa nocturna para converterse nunha xornada gastronómica completa que cada ano reúne a milleiros e milleiros.

A degustación comezará ás 12:00 horas e pola tarde haberá verbena coa orquestra París de Noia e Tania Veiras

8 de abril de 2022.- A área recreativa Os Pasos, na parroquia de Aiazo (Frades), acollerá este domingo 10 de abril a edición número quince da Festa da Merenda, que organiza a asociación de veciños “Os Pasos” en colaboración co Concello de Frades. Unha festa que dará comezo ás 12:00 horas, coa degustación gratuíta das merendas elaboradas baixou unha carpa pechada e que rematará ben entrada a noite coa verbena a cargo da orquestra París de Noia e Tania Veiras.

Unhas 25 cociñeiras comezarán a preparar as tortillas de masa a partir do mediodía, que se poderán degustar gratuitamente na carpa ou comprar para levar en caixas de pizza (unha por 3 euros, dúas por 5 euros). A base das merendas é común para todas (ovos, auga e fariña), pero despois cada cociñeira daralle o seu toque persoal tanto polo grosor da tortilla, o seu tempo de cociñado ou por se as acompaña ou non de torriscos (láminas de touciño de porco).

Juan Carlos Portos Bra, membro da asociación de veciños “Os Pasos” e concelleiro de Cultura, explica que “está todo xa ben preparado. Deixou de chover e agardamos que non o volva a facer ata despois da festa”, o cal é moi importante xa que o costume da festa é que familias e grupos de amigos acampen na área recreativa para pasar todo o día, se o tempo acompaña.

“Temos reservas non só de xente da comarca, senón tamén de lugares como Val do Dubra ou Mazaricos”, apunta Juan Carlos Portos, quen calcula que “durante toda a xornada degustaranse unhas 1.700 tortillas de masa”. Para iso adianta que xa teñen compilados 150 quilos de fariña, máis dun cento de ducias de ovos e 90 quilos de touciño. “Despois haberá tamén servizo de polbeira e churrasco na carpa da festa, pero de pago”, adianta Portos Bra.

Evitar concentracións

A única diferenza con respecto a edicións anteriores é que se tratará de evitar as habituais concentracións de persoas á hora de recoller e consumir de balde as tortillas de masa. Durante a mañá amenizarán a festa a Charanga BB+ e o grupo ordense Faíscas da Pontraga. A organización facilitará varias zonas de aparcamento na contorna do campo da festa. De feito, o acceso de automóbiles á área recreativa só estará permitido ata as 12:00 horas, para carga e descarga. Así mesmo, estará prohibido entrar no recinto do campo da festa con bebidas. A partir das 18:30 horas comezará a verbena a cargo da orquestra París de Noia e o grupo Tania Veiras.

A Festa da Merenda naceu hai dezasete anos para lembrar estas tortillas de masa, que foron moi utilizadas na comarca de Ordes en tempos de necesidade. Unha iniciativa que buscaba lembrar ás novas xeracións a importancia que este alimento tivo noutros tempos pero que agora xa se converteu nunha das citas gastronómicas máis agardada da comarca. Comezou sendo unha festa nocturna para converterse nunha xornada gastronómica completa que cada ano reúne a milleiros e milleiros.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas