Home A Coruña A XVI Festa da Merenda de Aiazo (Frades) reúne a milleiros de...

A XVI Festa da Merenda de Aiazo (Frades) reúne a milleiros de persoas en torno á degustación das tortillas de masa

- Anuncio -

Os mozos e mozas da comarca, auténticos protagonistas da festa

A XVI Festa da Merenda de Aiazo (Frades) está a reunir a milleiros de persoas en torno ás famosas tortillas de masa con torriscos. Unha afluencia que se agarda que aumente ao longo da tarde, coincidindo coas actuacións das orquestras Unión y Fuerza e París de Noia, esta última presente en practicamente todas as edicións e que cada ano arrastra a milleiros de fieis ata a área recreativa “Os Pasos”.

O tempo acompañou, cun sol e unhas temperaturas máis propias do verán que fixo que moitas das persoas presentes estiveran mesmo en manga curta. A maiores, a ausencia de precipitacións o sábado permitiu habilitar unha gran área de aparcamento a carón do campo da festa que, unido a unha nova reorganización do tráfico, facilitou moito a chegada e saída dos vehículos.

O bo tempo facilitou tamén que a área recreativa estivera totalmente ocupada por tendas e xantares de familias e, sobre todo, grupos de amigos. Porque o que comezou sendo unha festa exclusiva para a parroquia e para persoas de mediana e avanzada idade, converteuse nos últimos anos nunha festa para mozos e mozas. De feito, os grupos de amigos chegados de distintos concellos da comarca e de fóra dela, algúns mesmo sen saber en que municipio estaban, foron maioría durante esta mañá, desfrutando da música do Grupo Barceló e da Charanga BB+.

Degustación

A festa, organizada pola Asociación de Veciños “Os Pasos” en colaboración o Concello de Frades, comezou puntualmente ao mediodía, momento no que unhas 25 cociñeiras e unha ducia de axudantes comezaron a cociñar as máis de 1.000 tortillas de masa que se repartirán durante toda a xornada. Unhas cociñeiras que volveron ao 2019, pois estiveron por primeira vez sen máscara. A base das merendas é común para todas (ovos, auga e fariña), pero despois cada cociñeira deulle o seu toque persoal tanto polo grosor da tortilla, o seu tempo de cociñado ou por se as acompaña ou non de torriscos (láminas de touciño de porco).

Ademais das degustacións gratuítas, a organización continuou un ano máis coas vendas de merendas para levar a casa en caixas de pizza, co logotipo da Festa da Merenda e que se vendían a 3 euros unha merenda e a 5 euros dúas. Isto, unido ao 1,5 euros de colaboración que os asistentes poñían a cambio dun pano vermello conmemorativo e das rifas para unha cesta por 3 euros permitiron ao asistente colaborar no financiamento da Festa da Merenda.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, felicitou a todas as persoas da asociación polo seu excelente traballo e que permiten que esteamos “ante unha das grandes festas gastronómicas que se fan en Galicia grazas a produto tradicional e ao cariño e traballo co que o elaboran estas cociñeiras”.

Pola tarde continuará a degustación gratuíta das merendas elaboradas baixo unha carpa pechada que tamén dispón de pulpería de pago, para todos os que queiran xantar, merendar ou cear. A festa rematará a medianoite coa verbena a cargo da orquestra París de Noia e o grupo Unión y Fuerza.

Esta Festa da Merenda naceu para lembrar estas tortillas de masa, que foron moi utilizadas na comarca de Ordes en tempos de necesidade. Unha iniciativa que buscaba lembrar ás novas xeracións a importancia que este alimento tivo noutrora e que rematou converténdose nunha das citas gastronómicas máis agardada da comarca. Comezou como festa nocturna para converterse nunha xornada gastronómica que cada ano reúne a milleiros de persoas.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas