Home A Coruña Abegondo, Grecia, Italia e Suecia, unidos para mellorar as súas estratexias de...

Abegondo, Grecia, Italia e Suecia, unidos para mellorar as súas estratexias de mobilidade sostible

- Anuncio -

· O Concello participa, xunto con entidades destes países, no proxecto Transit, financiado pola Unión Europea.

Abegondo será, ao longo dos próximos días, o embaixador das institucións involucradas no proxecto Transit ( Training Paths for Adults on Sustainable Mobility). A iniciativa, que conta coa participación do Concello abegondés e de entidades de Suecia, Italia e Grecia, busca un claro obxectivo: promover e seguir mellorando as estratexias de mobilidade sostible nestes territorios. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, recibiu, esta mañá, aos representantes do acto estará presidido polo alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e por representantes das entidades asociadas ao proxecto: Unione Pedemontana Parmense (Italia), SERN (Italia), Lepida (Italia), Ecocity (Grecia) e Concello de Karlstad (Suecia).

Durante a súa intervención, o rexedor deu a benvida aos representantes, desexando que esta experiencia “ sexa de gran utilidade á hora de intercambiar experiencias e realidades para seguir sumando esforzos e poñendo en marcha medidas innovadoras e eficaces”. O alcalde sinalou o compromiso do Concello de Abegondo “ coa implantación de medidas que promovan a mobilidade sostible e, polo tanto, ou coidado do medio ambiente”. Neste punto, o rexedor apuntou a senda peonil e ciclista que rodeará o encoro de Abegondo-Cecebre e que discorrerá polos concellos de Abegondo, Carral, Cambre, Bergondo e Betanzos. A maiores desta iniciativa, o Concello ten en marcha o transporte á carta en taxi, dirixido aos máis maiores do municipio. Ademais de Abegondo, o restro de representantes relataron as diferentes iniciativas executadas nos seus territorios para promover a mobilidade sostible.

Estratexia integral

O proxecto busca establecer unha estratexia integral que redunde nun cambio de hábitos da poboación cara á mobilidade sostible, a través do intercambio de experiencias dos países participantes.

Os traballos comezarán cun diagnóstico da situación actual, analizando as posibilidades de transporte existente, os hábitos da poboación, así como as necesidades e propostas da cidadanía. Nas distintas reunións e encontros traballarase en rede para deseñar as accións para realizar. Unha das metas é a de promocionar o emprego da bicicleta, como medio de fácil acceso á poboación. En conclusión, o proxecto Transit aspira a xerar un cambio de actitude entre os traballadores, familias e mozas para que se conciencien sobre a necesidade de empregar este tipo de transporte.

A UE dota a iniciativa con 302.118 euros. Deles, 40.000 euros destinaranse ás accións que realice directamente o Concello de Abegondo. O proxecto comezou en xaneiro e prolongarase ata setembro de 2023.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas