Home A Coruña Aberta a inscrición para os cursos de iniciación e perfeccionamento de natación...

Aberta a inscrición para os cursos de iniciación e perfeccionamento de natación na piscina municipal

- Anuncio -

O Concello de Neda organiza un verán máis, no marco da súa programación deportiva, cursos de natación para o público infantil na piscina municipal. A actividade formativa, para a que se abre o prazo de inscrición, desenvolverase durante os meses de xullo e agosto.

A piscina nedense, situada na contorna dos Subarreiros, volverá durante o período estival con cursiños destinados a que os máis pequenos da casa aprendan a nadar e que, quen xa saiba mellore as súas habilidades e técnica.

Apuntan dende o servizo de Deportes que as clases de iniciación desenvolveranse os luns e xoves, de 12 a 13 horas, namentres as de perfeccionamento terán lugar eses mesmos días, en horario de 11 a 12 horas. Indican ademais que se ofrecerá a posibilidade de anotarse por quincenas, buscando así dar certa flexibilidade ás familias que queiran saír de vacacións.

As inscricións poden facerse a través do teléfono 675835635, en horario matinal, e nas propias instalacións da piscina a partir do 23 de xuño. As prazas serán limitadas.
O prezo será de 10 euros por quincena, ou de 17 euros por mes enteiro.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas