Home A Coruña A exposición do certame Isaac Díaz Pardo das Artes recala en Ribeira

A exposición do certame Isaac Díaz Pardo das Artes recala en Ribeira

- Anuncio -

O rexedor, Luís Pérez encargouse da inauguración da exposición.

Estamos hoxe aquí, na sala do Centro Cultural Lustres Rivas para inaugurar unha nova exposición. Desta volta para presentar a mostra promovida pola Deputación da Coruña correspondente ao décimo oitavo certame Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas e que se estará aberta ao público do 4 ao 18 de decembro. Un concurso artístico de referencia a nivel galego xa consolidado e que ten como fin impulsar as creacións dos artistas da nosa comunidade e ao tempo poñer en valor a nosa cultura, facendo un chamamento ás voces artísticas consolidadas pero tamén ás emerxentes. Ademais é un certame que leva o nome de Isaac Díaz Pardo, o noso grande artista galego.

Nesta edición o xurado escolleu 17 pezas de videocreación, instalacións audiovisuais, fo¬tografía, escultura, gravado e outras formas de expresión artística. Entre elas está ‘erre melón’, do fonsagradino Berio Molina Quiroga, escollida como gañadora por unanimidade. Unha peza en vídeo que reflexiona sobre a linguaxe e as formas de comunicación que se sitúan fóra do normativizado.

Estamos polo tanto ante unha mostra que é a oportunidade perfecta para dar a coñecer as mellores creacións artísticas do momento e por iso convidamos á veciñanza a visitala pois a entrada é gratuíta, co horario habitual de luns a venres mañá e tarde e sábados pola mañá. Antes de rematar tamén é de agradecer á Deputación da Coruña a súa aposta unha vez máis por incluír ao Concello de Ribeira na itinerancia das súas exposicións.

Relacionadas

Incendio nun transformador eléctrico no soto do concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron este mediodía nun operativo provocado polo incendio nun transformador eléctrico situado no soto da casa consistorial...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

Compostela Cultura presenta nova temporada escénica con 33 espectáculos de teatro, danza e circo

0
A programación para o primeiro semestre de 2025 presenta tres focos temáticos que dirixen a atención cara á compañía Teatro do Noroeste, cara ao...

A modernización da imaxe e a creación de novos servizos reforzan a aposta do...

0
O Concello, coa colaboración da Consellería e Economía, investiu 35.000 euros na mellora dos postos e na adecuación e creación de servizos coma unha...

Comeza un novo obradoiro de emprego que permite a contratación de 20 veciños en...

0
No día de hoxe deu comezo un novo obradoiro de emprego no que se realizarán distintos traballos de creación de mobiliario urbano e actuacións...

A cerimonia de acendido das luces abre este xoves a programación do Nadal na...

0
O acto terá lugar na praza de María Pita desde as 17.00 horas, coas actuacións de Peter Punk e Los Alcántara Este xoves comezará a...

Publicacións Relacionadas