Home A Coruña A Xunta apoia con 220.000 euros a contratación de 16 desempregados para...

A Xunta apoia con 220.000 euros a contratación de 16 desempregados para a prevención de incendios en 11 concellos de Comarca do Barbanza

- Anuncio -

― O obxectivo da iniciativa é impulsar o emprego rural na Comunidade Autónoma

― Cos programas xa resoltos de socorristas e de aprol rural os concellos da comarca do Barbanza recibirán 398.000 euros para a contratación de 71 desempregados

A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas deste ano do programa Aprol Rural para apoiar aos concellos galegos na contratación de persoas desempregadas para realización de servizos de prevención de incendios, entre outros.

Na comarca do Barbanza beneficiaranse 11 concellos que coas axudas da Xunta por valor de 220.000 euros poderán contratar a 16 persoas. En Galicia, en global, apoiarase a contratación de 505 persoas sen emprego en 284 concellos a través dun investimento de sete millóns de euros.

As persoas desempregas realizarán tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Na orde de axudas deuse prioridade aos concellos fusionados e os emprendedores. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.

O obxectivo da iniciativa é incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural de Galicia, mediante a contratación de persoas desempregadas, e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas da comunidade autónoma.

Estas contratacións únense aos apoios xa aprobados pola Xunta destinados aos concellos do Barbanza para impulsar a contratación do servizo de socorristas que é competencia municipal. No caso desta comarca, a Consellería de Emprego e Igualdade financiará a contratación de 55 socorristas en 9 concellos cun investimento de 178.000 euros.

Cos programas xa resoltos de socorristas e de Aprol rural os concellos da área do Barbanza recibirán 398.000 euros para a contratación de 71 desempregados.

Programas creación de emprego

Enmárcanse, ademais, na prioridade da Xunta de crear máis e mellor emprego de calidade na Comunidade e completan outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos. É o caso dos obradoiros de emprego, no que se invisten en toda Galicia 30,2M€ para permitir a formación e o acceso ao emprego de 1.500 persoas; as axudas para a contratación de orientadores laborais, ás que se destinan 6,8M€ para a contratación de 280 persoas ou os Programas Integrados de Emprego, cun orzamento de 8,4M€ para apoiar a contratación de 3.300 persoas en concellos e entidades sen ánimo de lucro.

Así mesmo, destacan as axudas destinadas á contratación de 700 persoas perceptoras da Risga, que contan cun orzamento de 7,7 millóns de euros en toda Galicia para dar apoio a 165 concellos ou agrupacións de municipios; ou as axudas para apoiar a contratación de persoas sen emprego para a realización de servizos de interese xeral e social nas que este ano o investimento é de 1,5 millóns de euros para a contratación de 464 socorristas en 163 concellos galegos.

CONCELLOTRAB.IMPORTE
BOIRO228.750,00 €
CARNOTA113.557,24 €
LOUSAME113.749,93 €
MAZARICOS113.750,00 €
MUROS113.565,61 €
NOIA227.500,00 €
OUTES113.750,00 €
POBRA DO CARAMIÑAL (A)113.750,00 €
PORTO DO SON227.500,00 €
RIANXO227.500,00 €
RIBEIRA227.500,00 €
TOTAL16220.872,78 €

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas