Home A Coruña Boqueixón presenta o programa da 40ª Festa da Filloa de Lestedo

Boqueixón presenta o programa da 40ª Festa da Filloa de Lestedo

- Anuncio -

A Festa da Filloa e o Alto dos Xenerais da Ulla, festas de interese turístico de Galicia, terán lugar o domingo 26 de febreiro

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; o deputado autonómico e presidente da Comisión de Control da CRTVG, Ovidio Rodeiro Tato; e o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal, presentaron no CIFP Compostela o programa da 40ª edición da Festa da Filloa de Lestedo, que terá lugar en Boqueixón o domingo 26 de febreiro.

O alcalde de Boqueixón agradeceu o traballo realizado tanto polos veciños e veciñas como pola Asociación Cultural da Filloa para “preparar un amplo programa de actividades vinculadas á 40ª Festa da Filloa de Lestedo e con moitas novidades como esa Festa da Filloíña, para os nenos e nenas que comezan a coller o relevo”.

Pola súa banda, José Manuel Canabal confirmou que o Alto dos Xenerais da Ulla, Festa de Interese Turístico de Galicia, volverá a celebrarse en horario de mañá e que “na degustación das filloas volveremos á normalidade, cunha degustación gratuíta ao mediodía e despois, ao longo de todo o día, todas as persoas que se acheguen poderán mercar e probar todo tipo de elaboracións: filloas doces, á pedra, recheas…”. Finalmente, Ovidio Rodeiro destacou unha vez máis o traballo dos veciños e veciñas de Lestedo “que lograron situar este pobo e esta parroquia como unha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia”.

Programación paralela

A partir de hoxe, comezan intensas semanas de promoción da Festa da Filloa. Así, o luns 30 de xaneiro abrirase o prazo para participar na terceira edición do Concurso Fotográfico “Filloarte”, onde calquera persoa poderá presentar ata dúas imaxes de elaboración de filloas, presentacións empratadas de filloas, creatividades en base ás filloas, etc. A única limitación é que non poden aparecer persoas identificables na imaxe. Os participantes deberán entregar as súas propostas ata o 17 de febreiro no mail festadafilloadelestedo@gmail.com. As bases poden consultarse na web municipal: www.festadafilloadelestedo.gal.

E o venres 17 de febreiro tanto a Festa da Filloa de Lestedo como os Xenerais da Ulla estarán presentes no programa “Luar” da TVG.
Unha das novidades desta edición é a “Festa da Filloíña”, “na que os protagonistas sexan os nenos e nenas que empezan a coller o relevo en Lestedo porque, para nós, é un orgullo ver como estas tradicións pasan dunha xeración a outra”, apunto Manuel Fernández Munín. A “Festa da Filloíña” dará comezo ás 17:30 horas do sábado 18 de febreiro no campo da feira de Lestedo coa actuación de grupos musicais (Lucerniñas, Luceiro e Luarada da Asociación Cultural Meste Manuel Gacio, As Travesas de Codeso e Os Campiños de Sarandón), que darán paso ao pregón infantil.

Ás 18:30 horas terán lugar os Atranques de Xenerais e Xeneraliños, que rematarán cunha degustación gratuíta de filloas e un concurso de disfraces, culminado cunha festa infantil. Xa pola noite, quenda dos pais e nais co “Entroido da Filloa”, cun concurso de disfraces e unha verbena coas orquestras Finisterre e o grupo Origen.

Finalmente, nos días previos á gran festa terá lugar o showcooking “Lestedo sen gluten”. O venres 24 de febreiro presentaranse distintas elaboracións aptas para estas persoas. Unha iniciativa organizada en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia. E o sábado 25 de febreiro, ás 18:00 horas, novo evento gastronómico, denominado “Terra e mar” no que un prestixioso chef elaborará receitas de filloas con diferentes recheos, doces e salgados, incorporando unicamente produtos locais e de temporada. A xornada rematará con música, coa primeira edición do “Filloa Folk” que este ano reunirá no campo da feira de Lestedo aos grupos Raeira e Raiola (Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio), Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e a Requinta da Laxeira.

40ª Festa da Filloa de Lestedo

O programa da 40 Festa da Filloa dará comezo ás 11:00 horas do 26 de febreiro coa actuación de grupos musicais e a tradicional parranda de entroido. Ás 12:00 horas terá lugar o Desfile dos Xenerais da Ulla ata o campo da Festa darán, onde darán paso ao pregón e entrega de distincións. Ás 13:45 horas será o momento do Gran Alto dos Xenerais da Ulla que, mediante estrofas rimadas e con moita ironía e humor, falarán de política e temas de actualidade. O acto será presentado pola actriz María Mera.

A Festa recupera a normalidade en canto á degustación das filloas, polo que ao mediodía haberá unha degustación gratuíta no campo da feira. E, ao longo de todo o día, as persoas que se acheguen por Lestedo poderán mercar e degustar todo tipo de elaboracións: filloas doces, á pedra, recheas, salgadas, as da máquina filloeira…

A música de Luz do Ilicino e do Grupo Ibiza porá o broche final a unha intensa mañá de actividades. Pola tarde, o grupo Coleguitas e a orquestra París de Noia protagonizarán a verbena a partir das 18:00 horas.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas