Home A Coruña Cerdido esíxelle á Xunta que sexa restritiva na tramitación parque eólico de...

Cerdido esíxelle á Xunta que sexa restritiva na tramitación parque eólico de Badulaque para evitar a súa instalación que tería unhas “consecuencias irreparables na contorna”

- Anuncio -

 Benigno Galego, recibiu hoxe a visita da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, e aproveitou a ocasión para trasladarlle o descontento do seu municipio e da comarca pola excepcionalidade que aplicou o ente autonómico para permitir a tramitación do parque eólico de Badulaque

O  alcalde de Cerdido, Benigno Galego, recibiu hoxe a visita da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, e aproveitou a ocasión para trasladarlle o descontento do seu municipio e da comarca pola excepcionalidade que aplicou o ente autonómico para permitir a tramitación do parque eólico de Badulaque. Asegura que as consecuencias para o medio ambiente e para o benestar dos veciños e veciñas da contorna será irreparable polo que esixiulle á delegada que a Xunta sexa restritiva en canto  as  autorizacións sectoriais que dependan da súa administración.

Galego pediulle accións que eviten a construción do parque eólico de Badulaque e a súa liña de evacuación xunto coa do parque eólico Barqueiro.

Tras a publicación do BOE, do día 31 de xaneiro, na que se formula a Declaración de Impacto Ambiental do proxecto “Parque Eólico Badulaque de 90 MW, y su infraestrutura de evacuación” pola Dirección General de Calidad e Evaluación Ambiental, o goberno local de Cerdido entendeu que estes proxectos prexudicarían gravemente o benestar dos veciños e veciñas de Cerdido. Tamén, entende que causaría un dano irreparable a nivel ambiental polo que coa moción expresan o seu rexeitamento total ao proxecto eólico.

De feito, Cerdido aprobou no Pleno Municipal estudar accións xurídicas en contra da instalación desta infraestrutura eólica. “O parque eólico terá unhas consecuencias irreparables a nivel ambiental e sen dúbida empeorará calidade de vida dos nosos veciños e veciñas” concluíu o rexedor.

Por outra banda, aproveitou a visita da delegada territorial  para sinalarlle as necesidades do municipio en canto a infraestruturas municipais como o caso do CEIP da Barqueira, que xa contaba co compromiso da xefafura territorial da Xunta para acometer as melloras que están paralizadas. O mesmo sucede coa maquinaria da Piscina Municipal que necesita dunha reparación urxente.

Aneiros achegouse a Cerdido para avaliar os proxectos de infraestruturas de camiños enmarcados no Plan Marco do Agader.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas