Home A Coruña Documentais, teatro, narrativa, monicreques e música na programación cultural de novembro de...

Documentais, teatro, narrativa, monicreques e música na programación cultural de novembro de Cariño

- Anuncio -

• Tras anos de ausencia, o 24 de novembro volve á localidade o Centro Dramático Galego para representar ‘A viaxe de Ulises’.

• Os actos comezarán xa o 20 de outubro, coa proxección do documental ‘Vértice de Versos’ e posterior coloquio con Emma Pedreira.

O Concello de Cariño fixo pública a programación cultural para o mes de novembro, na que se inclúen variadas propostas para todos os públicos, desde documentais a teatro pasando tamén por espectáculos de monicreques, narrativa e actuacións musicais. Destaca a volta á localidade, despois de anos de ausencia, do Centro Drámatico Galego que estará o 24 de novembro ás 20 horas no Auditorio Municipal para representar ‘A viaxe de Ulises’.

Iniciarase xa o vindeiro mércores, 20 de outubro, coa proxección do documental ‘Vértice de Versos’ e un posterior coloquio con Emma Pedreira. Será no Auditorio municipal ás 11:30 horas e estará dirixido exclusivamente ao alumnado do instituto de Cariño. O día 22 de outubro Trinketrinke Teatro representará ‘ Contos dous intres de lonxedetodo’ ás 11:30 horas para o alumnado do CEIP de Cariño. O 23 de outubro Redrum Teatro fará o propio con ‘Un home con lentes de pasta’ ás 19:30 horas.

Xa no mes de novembro, o día 6, Teatro do Noroeste estará no Auditorio ás 19:30 horas con ‘Gloria Nacional’. O día 13, ás 19:30 horas, Candido Pazó ofrecerá o seu espectáculo de narrativa ‘Botando a lingua a pastar’. O 14 de novembro será a quenda para Monicreques Cachirulo e o seu ‘ Camiño de aventuras’ (19:00 horas). O 20 de novembro Fulano, mengano e Citano con ‘Ou que hai que ver’ (19:30 horas). O 27 de novembro chegará ‘ Insubmisión’ de Teatro da Estada, para conmemorar o 25 de novembro. Por último, o 28 de novembro, Vella Escola ofrecerá o seu espectáculo musical ‘Itinerario pola cultura hip hop’.

Todas estas actuacións levarán a cabo no Auditorio Municipal e están financiadas a través de diferentes programas: Rede Cultural, Ler Conta Moito, Fala Redes e Proxectos Culturais. A entrada é gratuíta excepto na función de Redrum Teatro (23 de outubro) e a de Fulano, Mengano e Citano (20 de novembro) que haberá que pagar 3 euros.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas