Home A Coruña Frades abre a inscrición no concurso de disfraces de Entroido, que repartirá...

Frades abre a inscrición no concurso de disfraces de Entroido, que repartirá máis de 1.200 € en premios o domingo 19 de febreiro

- Anuncio -

Este ano créase un terceiro premio na categoría especial aos mellores disfraces individuais ou de grupo do concello de Frades

O Concello de Frades abre o prazo de inscrición no seu tradicional concurso de disfraces, que terá lugar o domingo 19 de febreiro, ás 17:00 horas, no pavillón municipal de Ponte Carreira. Un concurso aberto a todos cantos se anoten no Concello de Frades ou nos teléfonos 981 695 567 e 981 695 663 antes das 14:00 horas do venres 17 de febreiro, xa que non se aceptarán inscricións o mesmo día do concurso.

Despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia sanitaria, o Concello de Frades incrementará este ano a cantidade destinada a premios ao engadir un premio máis nas categorías de grupo infantil e grupo de adultos. Deste xeito, o Concello de Frades repartirá un total de 1.205 euros en premios. Os dorsais dos participantes poderán recollerse no propio pavillón polideportivo de Ponte Carreira o día do concurso a partir das 16:30 horas.

Premios

Polo demais, o concurso mantén as dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adultos (máis de 14 anos); e dúas modalidades: individual (1 ou 2 compoñentes) e grupos (máis de dous compoñentes). Haberá premios de 300, 150 euros e 75 euros para os tres mellores grupos adultos; así como 100 e 50 euros na categoría individual. Na categoría infantil, os tres gañadores do concurso de grupos levarán 100, 60 e 30 euros, respectivamente; mentres que os vencedores do concurso individual infantil levarán 60 e 30 euros.

Os premios especiais aos mellores disfraces individuais ou grupos de Frades, sempre que non foran premiados noutra categoría, serán de 125, 75 e 50 euros. Durante toda a tarde, o pavillón municipal de Ponte Carreira acollerá tamén unha gran festa de animación con xogos, inchables, mascotas, música, fotomatón e unha gran chocolatada.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas