Este domingo, ás 11:00 horas, a praia de Laxe acollerá a 2ª xornada da Liga Atlántica de Billarda 2022-2023 (Conferencia Noroeste). A actividade terá lugar preto da praza Ramón Juega.
Haberá entrega de premios dentro de cada categoría: infantil, feminina e absoluta.