Home A Coruña Trenor inaugura o obradoiro de emprego de Noia, Lousame e Outes a...

Trenor inaugura o obradoiro de emprego de Noia, Lousame e Outes a que formará 20 alumnos en repoboacións forestais e tratamentos silvicolas

- Anuncio -

— O delegado da Xunta informou que na comarca do Barbanza o Goberno galego financiará 5 obradoiros de emprego na convocatoria 22-23 cun investimento que supera os 2,3 millóns de euros


— O delegado da Xunta explicou que grazas a ampliación do crédito deste programa foi posible dar cobertura a todas as solicitudes e incluír o concello de Rianxo entre os adxudicatarios destas axudas

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polos alcaldes de Noia, Lousame e Outes, inaugurou esta mañá o obradoiro de emprego, Noia-Lousame-Outes 22 que se desenvolverá en colaboración con estes tres concellos. Este programa conta cun apoio da Xunta de máis de 500.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Concretamente, formaranse 20 alumnos, durante 12 meses, na especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

Trenor destacou que na comarca do Barbanza a Xunta financiará, na convocatoria 2022-2023, cinco obradoiros de emprego nos concellos de Ribeira, Boiro, Muros, Rianxo e Noia, grazas a un investimento que supera o 2,3 millóns de euros para formar a 95 desempregados desta área. O delegado da Xunta explicou que grazas a ampliación do crédito deste programa foi posible dar cobertura a todas as solicitudes e incluír ao concello de Rianxo entre os adxudicatarios destas axudas.

O representante do Goberno galego explicou a gran utilidade deste tipo de formación porque ademáis de mellorar as capacidades para que as persoas desempregadas atopen un emprego, compleméntase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna.

Trenor destacou o compromiso destes tres concellos coa empregabilidade porque leva anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e consegue importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afronta.

O delegado da Xunta lembrou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego son unha das actividades coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegas e galegos, co obxecto de mellorar a empregabilidade das persoas sen traballo mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social.

O representante do Goberno galego apuntou que “a convocatoria deste ano inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros dos 9 aos 12 meses”. Teñen preferencia, como en pasadas edicións, as persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, en particular; os parados de longa duración; maiores de 45 anos; alumnado que carece de títulos universitarios ou de FP de grao superior; e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas