Home A Coruña O Concello da Pobra incrementa os servizos e axudas no curso escolar...

O Concello da Pobra incrementa os servizos e axudas no curso escolar 2022-2023

- Anuncio -

Co obxectivo de facilita-lo acceso á educación en igualdade de condicións, o Concello da Pobra do Caramiñal reforza as prestacións para o curso escolar 2022-2023.

A concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), explica que a Administración local contratou 5 monitoras para o Servizo de Madruga e o apoio ao comedor escolar na E.E.I. Fernández Varela, no CEP Pilar Maestú Sierra e no CEP Salustiano Rey Eiras. Debido ao volume de persoas usuarias, valórase incorporar unha profesional máis. O primeiro está orientado a favorece-la conciliación das familias por posibilita-la entrada dúas horas antes do inicio do horario escolar, mentres que o segundo consiste nunha colaboración coas ANPA con relación ao coidado das crianzas, entre as 14.00 e 16.00 horas.

Na súa dimensión social, a edil dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), manifesta que se incrementan as axudas á escolarización que se outorgan seguindo parámetros obxectivos. Os datos reflicten que se pasou de 19 solicitudes en 2021 a 38 neste 2022, das cales foron concedidas 11 e 23, respectivamente. No total benefícianse 34 crianzas. As denegadas foron por supera-lo baremo económico. Estas prestacións van en dúas vertentes: unha cota fixa para material escolar de 55 euros e unha subvención para sufraga-lo gasto do comedor escolar, que oscila entre o 50% e o 100%.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas