Home A Coruña O Concello Lousame investirá 127.000 € do POS+2023 a pavimentación de camiños...

O Concello Lousame investirá 127.000 € do POS+2023 a pavimentación de camiños e núcleos e destinará 197.000 € a gasto corrente

- Anuncio -

O pleno aproba un crédito extraordinario de 237.158 para financciar as obras ao abeiro do Fondo de Cooperación da Xunta

O pleno municipal de Lousame aprobou por unanimidade a proposta da Alcaldía para o Plan Único de Concellos “POS+ 2023”, que ascende a 324.530,56 euros, así como os 164.320 euros do Plan Complementario. Así, o Concello de Lousame destinará os 127.210,82 euros da Achega Provincial 2022 a dúas obras: pavimentación do camiño entre Carantoña e Abeixón (87.065,6 euros) e pavimentación do acceso ao núcleo de Aguiende (40.145, 22 euros). Os 197.319,74 euros da Achega Provincial 2023 serán destinados a gasto corrente.

Finalmente, o Pleno aprobou tamén un Plan Complementario por importe de 164.320 euros que inclúe dúas actuacións de mellora da pavimentación en camiños:
– Pavimentación dun camiño de Aldarís a Burzó, por 134.320 euros.
– Pavimentación dun camiño desde a estrada AC.4201 ata a Igrexa de Lousame, por algo máis de 50.000 euros.

Neste último proxecto, a voceira do PSOE preguntou por que as obras non daban comezo ao inicio deste camiño, ao que a alcaldesa lousamiá, Teresa Villaverde, respondeu que se trataba de actuar sobre unhas raíces no camiño e chegar así “a unha zona que se vai poñer en valor con outro proxecto como é a contorna da Igrexa de San Xoán de Lousame.

Crédito Extraordinario

No seguinte punto, o Pleno aprobou sen debate e cos votos a favor de PP e PSOE, e a abstención do BNG, o Crédito Extraordinario 1/2023 para subvencionar os 237.000 euros solicitados ao Instituto Galego da Vivenda e Solo ao abeiro do Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Un empréstito sen xuros e a devolver en 8 ano e que inclúe cinco proxectos de obras:

– Redución da contaminación lumínica e mellora da eficiencia enerxética no alumeado público do Concello de Lousame, un proxecto orzamentado en 250.107 euros e que inclúe actuacións en Aldeagrande, Marracín e Tállara. O Concello solicita o 15% da actuación, 37.516,05 euros, dos 250.107 euros.
– Pavimentación do núcleo de Camboño, por un importe de 210.174,25 euros, dos que o Concello solicita un préstamo polo 30% da actuación (63.052,27 euros).
– Melloras na contorna da igrexa de San Xoán de Lousame, por un importe de 66.334,11 euros. O Concello solicita o 100% do importe da actuación.

– Mellora do lavadoiro de Lesende, que contempla un investimento de 49.545,12 euros e cun prazo de execución de tres meses. O Concello solicita o 100% do importe da actuación.
– Melloras no lavadoiro de Meixonfrío, por un importe de 20.710,69 euros. O Concello solicita o 100% do importe da actuación.

Non se presentou moción algunha e a sesión pechouse con rogos e preguntas.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas