Home A Coruña O Concello retomará en outubro os Consellos Territoriais nos diferentes barrios e...

O Concello retomará en outubro os Consellos Territoriais nos diferentes barrios e parroquias da cidade

- Anuncio -

A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou esta mañá as datas nas que se celebrarán os catorce vindeiros Consellos Territoriais de Narón. A edil naronesa recordou que se trata dunhas convocatorias que se retoman “para que as veciñas e veciños das diferentes parroquias e barrios da cidade teñan a oportunidade de poñer en común o traballo realizado e posibles actuacións futuras”. García animou aos representantes de cada zona nos Consellos Territoriais a acudir ás convocatorias programadas, que comezarán o vindeiro 4 de outubro no local social O Paraxe, en Castro, ás 18.00 horas.

O vindeiro mes de outubro, indicou, celebraranse tamén os Consellos Territoriais da Solaina, o día 6 ás 17.30 horas; o da Gándara o día 13 ás 18.00; o do Couto, o día 18 ás 18.00, o de San Xiao, o 20 ás 18.00 horas –en todos estes casos nos respectivos locais sociais- e en San Mateo, o día 25 ás 18.00 na Escola de San Mateo.

En novembro programáronse as sesións a desenvolver en Sedes, o día 3; Xuvia, o día 8; Doso, o 10; en Piñeiros o 15; en Pedroso o 17, no Alto o 23, e en Freixeiro o día 29 nos respectivos locais sociais –en Freixeiro no local social Virxe de Fátima- e darán comezo ás 18.00 horas. Finalmente, no mes de decembro celebrarase o último Consello Territorial deste ano, o do Val, o día 1 ás 16.00 horas no local social da parroquia.
“A través da Escola de Participación Cidadá continuaremos impulsando estas convocatorias, considerando que ofrecen a posibilidade de poñer en común numerosas cuestións relativas ao día a día da nosa cidade”, recalcou García. A edil naronesa recordou que as persoas interesadas en obter máis información poden contactar coa Escola de Participación, a través do teléfono 603 865 413 ou do correo electrónico: escolaparticipacion@naron.es.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas