Home A Coruña O local social de Abade, en Moeche, acollerá o 18 de outubro...

O local social de Abade, en Moeche, acollerá o 18 de outubro un curso sobre plantacións de castiñeiro para froito

- Anuncio -

A iniciativa forma parte do programa de formación anual da Consellaría do Medio Rural, en colaboración neste caso coa IXP Castaña de Galicia

A convocatoria require inscrición previa, dándolle prioridade a persoas que traballen no sector primario e mocidade con expectativas de incorporación á actividade agrogandeira ou forestal

A Consellaría do Medio Rural e a Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia organizan un curso sobre plantacións de castiñeiro para froito, que se desenvolverá o luns 18 de outubro a partir das 16:00h no Centro Cultural Francisco Piñeiro, en Abade. Nesta acción formativa veranse cuestións básicas relacionadas co deseño e planificación de novos soutos, pero tamén se falará dun produto con grande potencial económico cuxo cultivo pode combinarse con outras actividades, como o aproveitamento micolóxico ou o pastoreo. Para anotarse hai que cubrir este formulario e envialo por correo electrónico a info@castanadegalicia.org.

Galicia, malia a súa tradición -sobre todo na zona oriental- non consegue abastecer un mercado crecente da castaña que vai máis aló do consumo en fresco e estacional do outono. Hai moita demanda deste froito para fariña, para conserva, para desecar ou conxelar. Incluso fai falla para a alimentación dos porcos, que seica dán unha carne máis saborosa se se incorpora a castaña á súa dieta e se se crían en rexime de semiliberdade.

En resume, a castaña véndese ben, moi ben, pero faltan castiñeiros que na nosa comarca foron desaparecendo en virtude do eucalipto, a pesar de que o rendemento económico por hectárea da castaña é sostido ano a ano, ademais de poder complementarse coa recollida de cogomelos ou co silvopastoreo.

Neste sentido, a IXP Castaña de Galicia e a Consellaría do Medio Rural organizan unha xornada formativa que se desenvolverá no Centro Cultural Francisco Piñeiro de Abade o luns 18 de outubro entre as 16:00h e as 20:00h. Explicaranse os aspectos básicos para a posta en marcha dunha plantación de castiñeiro: preparación do terreo, fertilización, variedades e portaenxertos, marcos de plantación axeitados para facilitar a mecanización e a apertura da copa, as podas de formación, as pragas e enfermidades ás que cómpre prestarlles atención, as medidas sanitarias para previlas ou reducir as súas repercusións…, etc.

O curso é gratuíto e require inscrición previa cubrindo o modelo de formulario descargable nas ligazóns de algo máis abaixo, que logo se deberá cuberto ao correo info@castanadegalicia.org. Esta acción formativa diríxese, prioritariamente, a persoas vinculadas coa agricultura e/ou a gandaría, a actividade forestal ou a xente moza que queira incorporarse ao sector primario.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas