Home A Coruña O Concello de Padrón convida á veciñanza a participar nunha Ruta da...

O Concello de Padrón convida á veciñanza a participar nunha Ruta da Pedronía gratuíta o sábado 23 de outubro

- Anuncio -

O Concello de Padrón organiza unha Ruta da Pedronía entre a praza do Obradoiro de Compostela e Santiaguiño do Monte que terá lugar o vindeiro sábado 23 de outubro. Unha actividade gratuíta, se ben o aforo será limitado polo que as persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Deportes (664 076 974 ou deportespadron@yahoo.es) antes do vindeiro 19 de outubro.

A concelleira de Deportes, Lorena Cousa, anima aos veciños e veciñas do municipio a desfrutar desta experiencia xa que “esta ruta é só unha das moitas iniciativas que estamos organizando dende o Concello de Padrón para promover a Pedronía e defender a Padrón como o que é: o berce do Xacobeo”.

A expedición sairá ás 8:00 horas en autobús do Campo do Souto para desprazarse ata Santiago de Compostela e iniciar unha ruta de 25 quilómetros que rememora a antiga ruta de peregrinación xacobea na que os peregrinos finalizaban o camiño en Padón despois de chegar a Compostela. A expedición pasará por numerosos puntos de interese histórico, cultural e paisaxístico tales como a capela da Magdalena (Ames), a carballeira de San Martiño (Teo), Ponte Paradela e o Castro Lupario (Brión), o Pazo do Faramello (Rois) ou os santuarios da Nosa Señora da Escravitude, Santa María A Maior ou a Igrexa de Santiago (Padrón) antes de chegar ao Santiaguiño do Monte.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas