Home A Coruña Remata a exposición Cantámola, tras o seu paso polo Concello de Cabanas...

Remata a exposición Cantámola, tras o seu paso polo Concello de Cabanas e o CEIP Eladia Mariño

- Anuncio -

As actividades arredor do Día do Orgullo Neofalante continuarán nos próximos días

Logo do seu paso polo Concello de Cabanas, onde se celebrou a inauguración o pasado luns, a exposición “Cantámola” trasladouse entre o mércores e o venres desta semana ás instalacións do CEIP Eladia Mariño, onde o equipo docente organizou visitas e diferentes actividades arredor da exposición e a unidade didáctica que a acompaña.

Nestas actividade traballáronse os aspectos destacados dos diferentes referentes da infancia e da mocidade, e a súa relación cos valores das linguas. Neste contexto, fíxose especial incidencia no fenómeno emerxente de creación musical en lingua galega como impulso do prestixio do galego.

“Hoxe en día o panorama musical galego ofrécenos alternativas para todos os gustos, desde a fusión das Tanxugueiras ao rap de autores como GutiGZ, pasando pola experimentación electrónica, o pop-rock ou a música tradicional”, sinalou a concelleira de normalización lingüística de Cabanas, Paula González, quen tamén destacou o bo momento que está a vivir a música infantil en galego “que destaca pola súa calidade e variedade, con artistas e grupos como María Fumaça, A Gramola Gominola, Paco Nogueira ou Uxía Lambona e a Banda Molona”.

A exposición “Cantámola” está formada por 14 paneis que afondan na creación musical de Galiza e en galego, e o seu percorrido pola nosa comarca está coordinado polo Servizo de Normalización Lingüística que comparten os concellos de Cabanas, Valdoviño, Ares, Mugardos e Neda. Tras visitar Cabanas, a mostra percorrerá os outros catro concellos durante as próximas semanas.

O acto inaugural tivo lugar o pasado luns no Concello de Cabanas e nel participaron representantes dos cinco concellos, ademais da deputada provincial de normalización lingüística, María Muíño, o autor da exposición, Pepe Cunha, e a cantora mugardesa Sofía Espiñeira, quen puxo a nota musical ao evento.

As actividades arredor do Día do Orgullo Neofalante, que se celebra o 1 de outubro, coincidindo coa data de nacemento de Andrés do Barro, continuarán en Cabanas nos próximos días. Entre elas, destaca a celebración dun concerto de MJ o día 3 de outubro, que se celebrará nas instalacións do CEIP Eladia Mariño.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas