Home A Coruña Unha delegación do Goberno Rexional de Murcia visita o Complexo Medioambiental de...

Unha delegación do Goberno Rexional de Murcia visita o Complexo Medioambiental de Sogama como referente na xestión circular dos residuos

- Anuncio -

— Os representantes da Consellería de Auga, Agricultura, Gandería, Pesca e Medio Ambiente interesáronse polo funcionamento do epicentro da actividade industrial de Sogama, modelo dwe referencia dun 94% dos concellos galegos

— Ademais de percorrer as distintas instalacións que conforman o complexo cercedense, tamén se desprazaron ao vertedoiro de Areosa

O feito de que un 94% dos concellos galegos opten polo modelo de xestión de residuos urbanos de Sogama é un dato que avala o seu traballo e que espertou o interese do Goberno da Rexión de Murcia por coñecer o sistema operativo do Complexo medio ambiental de Cerceda baseado nunha xestión circular e sostible dos residuos urbanos.

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio, Sagrario Pérez, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, recibiron esta mañá ao director xeral de Medio Ambiente da Consellería murciana, Francisco Marín Arnaldos, que visitou este centro xunto co xefe de servizo de Xestión e Disciplina Ambiental, Jorge Ibernón González, e a xefa de servizo de apoio técnico á Dirección Xeral da Auga, Marisol Cano Castillo.

Durante o percorrido guiado polas instalacións coñeceron as distintas fases do tratemento que os residuos urbanos recibidos nesta empresa pública reciben desde a súa entrada en Sogama: selección e envío da parte reciclable á industria transformadora e valorización enerxética da fracción non reciclable para a súa conversión en electricidade.
Previamente, o presidente de Sogama explicou á comitiva rexional de Murcia a evolución ao longo do tempo do modelo Sogama, posicionándose hoxe como o máis moderno e eficiente da Unión Europea.

O máximo responsable da entidade tamén falou dos retos e proxectos de futuro, que estarán centrados prioritariamente na valorización da materia orgánica recollida selectivamente a través do quinto contedor, de cor marrón.

Con tal fin, a compañía galega, baixo as directrices da Xunta de Galicia, habilitará unha rede de infraestruturas que estará conformada por tres novas plantas de biorresiduos a localizar en Cervo, Verín e Vilanova de Arousa, e que se sumarán á que está a funcionar en Cerceda baixo a xestión de Sogama. Estas instalacións estarán apoiadas por 13 plantas de transferencia que serán adaptadas para transvasar nas mesmas a materia orgánica recollida polos concellos a través do quinto contedor, propiciando a súa transformación en compost, un abono natural que será utilizado na xardinería e agricultura.

A comitiva tamén se desprazou ata o vertedoiro de residuos non perigosos de Sogama en Areosa, relegado a acoller aquela parte dos refugallos que, dadas as súas características, non pode ser reciclada nin valorizada enerxeticamente, tomando boa nota do seu funcionamento (o 85% da súa superficie xa se atopa selada).

da servizo a 294 concellos, un 94% do total de Galicia ou, o que é o mesmo, a unha poboación de máis de 2.240.000 habitantes que na actualidade envían a Sogama os seus residuos urbanos.

Colaboración institucional
Javier Domínguez agradeceu á Consellería de Medio Ambiente de Murcia o seu interese na actividade de Sogama, así como a oportunidade que esta visita brindou ás partes para o intercambio de experiencias e coñecementos, un labor esencial para seguir avanzando na mellor xestión dos residuos, xa que, tal e como manifestou, “o lixo representa un problema global que non entende de fronteiras e ao que se pode, e debe, facer fronte desde a colaboración”.

Relacionadas

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

Publicacións Relacionadas