Home A Coruña Visita virtual e obradoiros para festexar o Día dos Museos no Museo...

Visita virtual e obradoiros para festexar o Día dos Museos no Museo do Humor

- Anuncio -

Baixo o lema “O poder dos Museos” o vindeiro 18 de maio conmemorarase en todo o mundo o Día dos Museos, co obxectivo de “amosar o poder que estes centros teñen de transformar o mundo que nos rodea”, presentándose como “lugares incomparables para o descubrimento, lugares que amosan o noso pasado e abren as mentes a novas ideas para un futuro mellor”.

No Museo do Humor, o Dia dos Museos festexarase este ano con distintas actividades que se encadran, á súa vez, no ciclo ao redor da exposición “Volta á orixe”, de Xaquín Marín.

A primeira das actividades, promovidas pola Concellería de Cultura, consistirá no lanzamento e presentación dunha visita virtual ao Museo do Humor (á que se poderá acceder dende a web do Concello de Fene e dende o microsite do propio centro). Con este novo servizo, os/as visitantes poderán realizar un percorrido virtual polas distintas salas e coñecer os fondos deste museo que ocupa o segundo e o terceiro andar da Casa da Cultura de Fene. A simulación deste entorno basearase na interconexión dunha serie de imaxes panorámicas de 360º, que permitirán unha visualización completa do que rodea ao punto de visión, conformando así un espazo real virtual, manipulado e percorrido ao gusto do/a usuario/a.

O espazo será accesible dende calquera computadora ou dispositivo móbil con acceso a Internet, aportando unha sensación semellante á de atoparse realmente inmerso no museo.

Ademais, este paseo virtual conterá elementos multimedia tales como imaxes, vídeos, documentos en pdf ou enlaces a URLs, aumentando considerablemente as súas posibles aplicacións de uso.

Salientar tamén que a visita, producida por Xi Fotografía, está a ser deseñada con criterios de accesibilidade, incluíndo subtítulos nos vídeos e audios nos textos (para uso sen audición ou con visión reducida). Todo isto, grazas a unha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Xunta de Galicia).

Tamén dentro da programación do Día dos Museos, o Concello de Fene organiza para a vindeira semana dous obradoiros artísticos abertos á veciñanza.

OBRADOIRO DE DEBUXO URBANO
O primeiro desenvolverase en San Valentín, o venres 20 de maio, de 16.30 a 20.30 horas nunha zona próxima á exposición dos cubos de Isolino e ao pavillón da Xunqueira, e consistirá nun taller de debuxo urbano que impartirá un mestre da escola O Garaxe Hermético (Escola Profesional de BD e Ilustración). Este obradoiro, dirixido a mozos/as de 14 a 20 anos, forma parte dunha campaña de concienciación que promove a práctica do debuxo namentres se coida o medio ambiente. A actividade está organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais de Fene.

As persoas que desexen anotarse deberán enviar por correo a servizos.sociais@fene.gal a ficha de inscrición cuberta (dispoñible en www.fene.gal) antes do venres 20 de maio. As prazas son limitadas (15) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

OBRADOIRO DE POREXGRAFÍA
Ao día seguinte, o sábado 21, de 11.00 a 13.00 horas desenvolverase no museo un novo obradoiro, “Parafraseando a Xaquín coa porexgrafía”, dirixido pola artista Laura Bouza, do Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity de Fene. Consistirá na elaboración, por parte dos participantes, dun boceto que, logo de ser transferido a un disco de poliestileno e traballado para crear distintos planos e profundidade de campo, permitirá facer reproduccións sobre papel.

A actividade vai dirixida a persoas de 8 anos en diante (nenos/as ou adultos/as) que, para participar, deberán enviar un correo antes do sábado 21 de maio a cultura.deportes@fene.gal.

No asunto especificarán o seguinte: “Inscrición no obradoiro de porexgrafía”. E, no contido, deberán aportar os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas