Home O Salnés A Illa de Arousa A Deputación concede 13.000 euros do Plan de Infraestruturas Deportivas á Illa...

A Deputación concede 13.000 euros do Plan de Infraestruturas Deportivas á Illa de Arousa para equipar o ximnasio municipal

- Anuncio -

A través deste plan distribuíronse xa máis de 1,8 millóns de euros entre 30 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de 13.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 4 millóns de euros, para o Concello da Illa de Arousa. O Goberno local pretende dedicar a totalidade deste investimento a adquirir mobiliario deportivo para equipar o ximnasio municipal, situado no Edificio de Usos Náutico-Deportivo, no Bao,

Desta maneira, o Concello da Illa de Arousa dedicará esta achega de 13.049 euros a esta infraestrutura deportiva na que se exercitan tanto os deportistas dos clubs municipais como os veciños do concello. Así, adquiriranse aparellos como unha cinta de correr, un rack (gaiola de ximnasio) e os seus accesorios, unha maquina de fondos e dominadas asistidas, unha prensa inclinada ou jaca, un hip thrust (para exercicios de glúteos) e unha última de abdutor e adutor. Ademais, instalarase un solo en azulexo en caucho negro.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento máis de 1,8 dos 4 millóns de euros orzamento total, con achegas, ademais de para A Illa de Arousa para A Cañiza, A Estrada, A Lama, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Marín, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas