Home Pontevedra A Lama A Deputación aproba máis de 30.000 euros para que o Concello da...

A Deputación aproba máis de 30.000 euros para que o Concello da Lama mellore a eficiencia enerxética do polideportivo municipal

- Anuncio -

Estes recursos enmárcanse no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que xa mobilizou máis de 1,7 millóns de euros entre 28 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de preto de algo máis de 32.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello da Lama. Estes novos recursos permitirán ao goberno local mellorar a eficiencia enerxética da fachada traseira do polideportivo municipal, situado no lugar de Pedreira.

Con estes 32.000 euros o Concello da Lama instalará unha fachada ventilada, que se porá adosada á actual fachada posterior. Estará formada por pilares ancorados á estrutura que existe na actualidade, paneis de sándwich de 30 mm de espesor e remates. O obxectivo final é mellorar a eficiencia enerxética de todo o edificio, que ten unha planta de 1063 m2.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento 1,7 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para A Lama, para A Cañiza, A Estrada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, O Rosal, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas