A Deputación tínguese de azul con motivo da celebración do bicentenario da Policía Nacional

adminON
Lectura mínima de 1

O edificio do Pazo Provincial estará iluminado desde a noite deste venres 12 de xaneiro ata a mañá do domingo 14

A Deputación de Pontevedra tínguese de azul con motivo da celebración do bicentenario da Policía Nacional. O edificio do Pazo Provincial estará iluminado desta cor desde a noite do venres ata o domingo, 14 de xaneiro, ás 7 horas.

O 13 de xaneiro de 1824 creouse a Policía Xeral do Reino de España mediante Real Cédula, antecedente histórico da actual Policía Nacional, primeiro corpo policial con dimensión estatal coa función de garantir o ben e a seguridade pública nas cidades españolas.

Comparte este artigo