Home Deputacións Deputación Pontevedra A Volta Motociclista a Galicia, un evento de "Talla Mundial" que sairá...

A Volta Motociclista a Galicia, un evento de “Talla Mundial” que sairá do Pazo Provincial

- Anuncio -

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, presentou unha nova edición da Volta Motociclista a Galicia de mototurismo xunto con Juan Noguerol, campión do mundo e de España desta disciplina no ano 2020 e principal impulsor dun “evento moi relevante e de talla mundial”. A ruta deportiva, que se celebrará entre os días 7 e 9 de outubro, partirá do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra para percorrer, ao longo de tres etapas algúns dos recunchos máis fermosos da provincia e da comunidade autónoma. Trátase da última proba puntuable para o World Touring Challenge e para a Copa de España de Mototurismo.

Juan Noguerol asegurou que é “unha honra contar coa colaboración da Deputación, sen ela non sería posible desenvolver a Volta”, e que a intención é a de “mellorar a proba do pasado ano”, comezando por un aumento da duración da mesma, pasando así das dúas etapas de edicións anteriores ás tres deste ano.

Pola súa banda, Gorka Gómez destacou a importancia do “turismo deportivo para o desenvolvemento da provincia”, máis aínda no caso dunha proba como esta, con carácter internacional e que conta xa con 70 motoristas inscritos, das que máis da metade son estranxeiros. “É importante poñer en valor as diferentes modalidades deportivas e que a sociedade teña a oportunidade de coñecer referentes deportivos de todas as disciplinas”.

Relacionadas

O PP de Pontevedra reivindica o potencial do cinema galego para traspasar fronteiras

0
• Destacaron “o investimento da Xunta de Galicia na vila, con obras como a ampliación do Museo Massó por máis de 1,1 millóns de...

O concello de Pazos de Borbén e os empresarios do Polígono de Amoedo solicitan...

0
“Están a poñerse en perigo os empregos dos nosos veciños”, protesta o alcalde, AndrésO peche ao tráfico pesado polo centro de Redondela está a...

A aprobación definitiva do Plan de Sostibilidade Turística garante unha inversión de 2 millóns...

0
A alcaldesa, María Ramallo, confirmou esta mañá que xa se oficializou o convenio que rexe este plan, financiado con fondos Next Generation, e que...

Unha fin de semana sen freo: San Migheleiro, Marín Vivo e a Milla de...

0
O sábado, Marín será un fervedoiro de actividade coas peñas vestidas coas camisetas a raias típicas do San Migheleiro e a partir das 22.00...

O Concello organiza unha charla informativa sobre as axudas para a rehabilitación de edificios...

0
Será o vindeiro luns 26 de setembro ás 20.00 h na sala multiúsos do auditorio municipal O Concello de Ponteareas dá un paso máis no...

Carmela Silva reclama no Congreso de Rota a recuperación da Axenda Feminista:” que a...

0
“O mundo local somos o reduto do feminismo activo e temos que esixir ás administracións públicas a recuperación da Axenda das Mulleres” A presidenta da...

Publicacións Relacionadas