Home Deputacións Deputación Pontevedra Europa volve a avalar o modelo de eficiencia enerxética da Deputación con...

Europa volve a avalar o modelo de eficiencia enerxética da Deputación con subvención que suman case 700.000 para outros oito concellos

- Anuncio -

As achegas servirán para instalar sistemas sostibles de xestión da auga en Pontecesures, O Grove, Meis, Barro, Marín, Nigrán, Ponteareas e A Cañiza

A Deputación de Pontevedra vén de recibir novamente boas noticias dende Europa. Unha vez máis o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu subvencións a proxectos ata en 8 concellos da man da institución provincial. Deste xeito, as xestións realizadas pola Deputación permitiron que 692.300 euros cheguen a Pontecesures, O Grove, Meis, Barro, Marín, Nigrán, Ponteareas e A Cañiza para implantar sistemas sostibles de xestión da auga que permitirán un aforro enerxético do 28%. As actuacións teñen un orzamento total de 865.380 euros polo que o IDAE asume o 80% do coste. O orzamento restante está financiado pola Deputación con 78.090 euros (9%) e os concellos con 94.990 euros (11%).

Deste xeito, os concellos de Pontecesures (79.700 €), O Grove (78.500 €), Meis (79.850 €), Barro (67.840 €), Marín (79.080 €), Nigrán (123.250 €), Ponteareas (79.750 €) e A Cañiza (104.330 €) realizarán actuacións como o cambio de bombas de impulsión de auga ou a instalación de variadores de frecuencia nas súas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAL) e Estacións de Bombeo de Augas Residuais (EBAR).

Con esta subvención, as axudas concedidas polo IDAE no que vai de ano e xestionadas pola Deputación chegan aos 7,4 millóns de euros, destinados a 33 concellos da provincia e unha entidade local. Deles 2,3 millóns están a servir para a mellora das infraestruturas provinciais e a redución da pegada de carbono, 4 millóns teñen como destino a eficiencia enerxética e a iluminación exterior sostible e preto de 390.000 euros están destinados para o uso térmico en infraestruturas e instalacións municipais. A estas achegas súmanse agora os case 700.000 euros para implantar sistemas sostibles de xestión da auga.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas